O pasado venres 24 de maio, alumnos do CEIP Curros Enríquez e do CPR Sagrado Corazón participaron nunha sesión de “Contos para todos”. Unha actividade de dinamización con narración oral, música e teatro a cargo de Manuel Solla Barragáns.
Celebración do día do Libro conteando con Marisa Irimia. Contos de sabores, de olores, de sons, contos de risas e cancións, contos chegados da esquina do lado, doutros lugares, ou doutros tempos e outras falas, en definitiva contos.
A parella formada por Lucía Aldao e María Lado ofreceron o 21 de maio no salón de actos de Concello de Cee, un recital poético-musical no que mixturaron poesía, música e divertidas historias, convertendo a actividade moi adecuada para acercar o xénero poético a un público, no noso caso os rapaces do 2º Ciclo da ESO, ao que normalmente non lles gustan os recitais de poesía. Comentar, que sorprendentemente un 70% nas suxestións de mellora da enquisa que “realizou” entre o público asistente, a Biblioteca Pública “Francisco Mayán” de Cee, pediron que o espectáculo durase máis.
Ás 16.00 horas do día 29 de maio de 2013 os rapaces do 2º Ciclo de Primaria dos diferentes centros educativos do Concello de Cee, convidados pola Biblioteca Pública “Francisco Mayán”, asistiron a unha divertida e amena actividade, consistente na narración oral e lectura comentada con proxeccións das ilustracións de tres contos rimados do escritor ceense, Miro Villar: Rebelión na charca (fabula sobre a prepotencia e o abuso do poder), A cobiza do verme Noel (trata sobre a maldade de atesourar todo sen partillar nada cos demais) e Carlota e a gaivota patiamarela (versa sobre a solidaridade nunha catastrofe provocada por unha marea negra). Os rapaces e rapazas acompañados dos seus profesores, desde un primeiro momento conectaron coas diferentes historias, pasando un bo rato.
A nosa biblioteca quería adicar unhas actividades especiais para conmemorar as Letras Galegas. Unha das actividade programadas ía destinada aos máis pequenos, bebés ata 3 anos, “Contos para bebés” a cargo de Pavís Pavós. A sesión estivo chea de preciosos contos, bonitas cancións e xogos didácticos.
Día 31 de maio de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para clausurar por todo o alto o mes das Letras Galegas, no que ademais de clausurar a exposición bibliográfica de Roberto Vidal Bolaño, quixemos celebrar a entrega de premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas” (convocado anualmente pola Biblioteca Nodal de Lugo).

Para rematarmos a a festa, o Duende Dada de Eduvía, dentro do programa Ler conta moito, tróixonos contos moi variados e divertidos, co último dos cales, unha nena de 12 anos que traballaba recollendo algodón, á que un día lle falaron dun sitio maravilloso chamado O MAR, e decidiu ir coñecelo.

Co conto, ensinounos unha canción nun idioma novo para nós (o wólof) e un baile moi simpático que acompaña a canción do conto, que só algúns valentes bailaron co duende. Cada parte do conto conta cunha estrofa da canción (cando está recollendo algodón facendo bólas con el, cando inicia a viaxe facendo autostop e cando chega a ver o mar e bota crema protectora) e un baile con movementos que imitan a acción que fai a protagonista:
Paké tume tume papa paké tume tume pá
Tutué tutue tata tutué tutue tá
Iene iene ieneiá, iene iene ieneiá
O Duende Dada tamén nos dixo que tódolos libros da biblioteca se poden ler alí, pero que moitos tamén se poden levar libros para a casa se se é soci@ da biblioteca e cales son os requisitos para facerse soci@. Complementariamente á actividade, temos unha selección de libros de animais para coñecer as características dos que escoitamos na sesión Contacontos animaliños do Duende Dada.
Día 26 de abril de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para rematar as celebracións do Mes dos Libros (co Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro), recibimos a visita gran artista internacional Lilí Gruyére, da familia dos Ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke) dentro do programa Ler conta moito, que nos deleitou con cancións, baile, contos e interpretación. 
Pero iso non foi todo: para rematar presentounos a casa dos ratos, onde poderemos atopar tódolos contos que nos recomendan os ratiños da nosa biblioteca: Leo, Savinia, Tareixa e Rodolfo, que xa son moi coñecidos polos visitantes da biblioteca.
E como o mellor é dar exemplo, Lilí púxose a remexer entre os contos e por aclamación popular leunos un par deles. A verdade é que estes ratos teñen moi bo gusto lector!

Todo un éxito!
A biblioteca municipal de Culleredo quere sempre celebrar o día do libro realizando durante unha semana diversas actividades para nenos e adultos. Este ano comenzou o luns día 22 de abril con “Mira como cho conto” a cargo de Xanela ocio. Contaron varios contos mentras ían debuxando os seus personaxes, paisaxes, etc. Os nenos tamén participaron debuxando.

A sala infantil da Biblioteca Municipal de Lugo encheuse de nenos e nenas o pasado 23 de abril para celebrar o Día do Libro. A mestra de cerimonias da celebración foi Larraitz Urruzola que chegou cos seus Babacontos.
Enseguida apareceu a súa acompañante, a simpática e coqueta Babamá, tan elegantemente vestida como a ocasión o requiría e acompañada dos seus cacharros. Moi pronto fíxose coa complicidade dos asistentes, encantados de compartir historias con tan curioso personaxe.
Contoulles de todo, contos de comidas, materia na que os nosos usuarios demostraron ser uns auténticos especialistas, contos que falaban de historias e cousas fantásticas… contos todos eles moi divertidos.
En fin, que todos pasamos unha tarde diferente cun personaxe entrañable que deixounos novas historias para contar e lembrar.
A narradora desenvolveu unha sesión de contos onde se intercalaron relatos de temática relacionada con actividades cotiás ( a lactancia, a arte da baci) con breves historias de animais e cancións. Os elementos sonoros tiveron unha relevancia importante no desenrolo da sesión para captar a atención dos nenos.
Charo contoulles contos como “Adiviña canto te quero”; “El arte de la baci”; “O artista que pintou un cabalo azul”; “Maxia”; “La gallina feliz”; “El león remolón”
Ademais fixemos unha selección de libros para nenos de 0 a 4 anos e mostrámola na sala infantil da biblioteca. Recomendamos estas lecturas e animamos aos pais a que fixeran socios aos seus fillos e a que usen o servizo de préstamo da biblioteca.


Séguenos