O mundo de cores de Roque e Lía na Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz


Unha mañá máxica coa mestra das historias!
O sábado día 9 de agosto vivimos unha xornada inesquecible na Biblioteca de Barro coa contacontos Charo Pita. Máis dunha vintena de veciños e veciñas, maiores e pequenos, gozaron dunha sesión chea de imaxinación, humor e emocións que nos fixo viaxar por contos arredor do corpo.
Dende o primeiro ata o último momento, todos e todas quedamos atrapados polas súas palabras e personaxes.
Se queredes ler moitos dos contos que nos contou Charo Pita, podedes pasar pola biblioteca de luns a venres (horario de verán).


,
Animado e moi plástico espectáculo musical, estupendamente levado a cabo por “2plicas”, que fixo as delicias de crianzas e persoas maiores asistentes.
Os nenos e nenas e as familias do Punto de Atención á Infancia de Carballedo tiveron unha Festa de Fin de Curso moi especial na que disfrutaron a través dos sentidos coa contada de Patricia Martínez.

Hoxe pasamos unha horiña chea de diversión o aire libre na Praza da Biblioteca que está adicada o escritor Antón Losada Diéguez. Carballo con Botas convidounos á montar na súa Ciclobiblioteca, houbo bailes, contos e algún truco de maxia. Os cativos estiveron moi entretidos.
Venres, 18 de xullo de 2025
Obradoiro no que as nenas e nenos de Parada de Sil, da man da galiña Rosiña, crearon novos persoaxes de pasta de papel en 3D para dar vida a novas historias e mesturar personaxes, revisando os estereopitos de xénero dos contos tradicionais.








Os nenos e nenas do CEIP Xosé Luis Taboada de A Barrela disfrutaron dunha festa de fin de curso moi especial: recibiron a visita do cabaret de Nelson Quinte iro Roa e as súas personaxes.


Nos alrededores da biblioteca de Covelo, o pasado venres día 4, Vero Rilo contounos moitas cousas e fixo que pasaramos unha tarde moi divertida e sobre todo moi participativa por parte das nenas e nenos que que asistiron a actividade.

O pasado día 25 pasamos unha tarde estupenda acompañados dos CantaContos de Tania Justo. A cativada estivo moi atenta e participativa, mergullándose nas diferentes historias e melodías, a través dos contos da editorial Kalandraka. As nais e pais tamén o pasaron en grande.





Séguenos