Celtia Figueiras presenta na BPM de Brión “Contos de inverno” da súa serie “As estacións en contos”




Esta sábado, 1 de abril, comezamos na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira a programación de contacontos dentro da iniciativa Ler Conta Moito.
Xuntámonos para ler no Recuncho dos libros infantís.https://www.facebook.com/bibliotecariveira/

O día 1 de abril tivemos os contos de Juste Kamishibai. Historias orientais nacidas dunha preciosa caixiña máxica chea de imaxes e palabras.

Este luns 3 de abril, a Biblioteca Luís Rei organizou unha xornada moi especial para celebrar por partida dobre o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo. Con tal motivo convidamos a rapaces dos colexios de San Tomé e Magariños amais de alumnado do colexio Mecos en colaboración con BATA e Por Dereito.
Comezamos a xornada coa lectura por parte do Concelleiro de Cultura Víctor Caamaño do manifesto a prol da lectura que este ano corre a cargo de Sergey Makhotin (traducido ao galego por Sabela González Panizo) e que estes días lerase en todas as bibliotecas públicas do país.
A continuación puidemos disfrutar das lendas e contos que Raquel Queizás puxo en escena co seu espectáculo Romaría, traéndonos a escena a tradición antiga do noso rural.
Rematamos coa visualización dunha curtametraxe moi especial “Academia de Especialistas” da Fundación Orange, que da visibilidade aos rapaces con autismo e a contianución puxémonos todos de pé para despedir a actividade cantando xuntos a través dun karaoke con pictogramas…
Achegamos algunhas fotografías que mostran o ben que o pasamos!

Trinta bebés, acompañados de pais, nais e irmáns, participaron o sábado na actividade de contacontos “O curral de Cocoricoricó” a cargo de Charo Pita

Os asistentes asistiron ás aventuras e peripecias de Cocoricoricó e os seus compañeiros de curral na búsqueda do Arco da Vella. Xogaron, cantaron e pasaron un momento de lecer en familia.

O día 31 de marzo os nenos e nenas de Alfoz estiveron moi entretidos coa actividade de Charo Pita, “O curral de Cocoricoricó”, co motivo da celebración do Día do libro Infantil. Tanto os pequenos como os seus país pasaron un intre moi divertido e quedaron encantados.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, convidamos a que Madame Bechamel e Signorina Bolognesa cociñasen en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaban un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.

Estas dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas fixeron as delicias do público da man de Trécola Teatro.

MOITAS GRAZAS, PABLÍSIMo
Nenas e Nenos estivemos contigo celebrando O Día do Libro Infantil e Xuvenil. Pais e cativos estiveron moi entretidos coa actividad de Pablísimo. Moi recomendable por todos os presentes.
No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas…
PABLÍSIMO QUIXO PARTICIPAR NO CONCURSO DE ANDERSEN HOY co seu conto de Andersen:
“Principas e princesos”
que contou ás nenas e nenos que estiveron na sala infantil o sábado 1 de abril
Visítanos no BLOGGIT o noso blog da sala infantil-xuvenil
Este venres 31 de marzo visitounos Fuco, un dos nosos amigos de Lonxedetodo, para celebrar o Día do Teatro co seu novo contacontos teatral “Os ratiños da caixa”.

Viña acompañado de tres ratiños moi trastes que fixeron as delicias de pequenos e grandes e contou moitos contos de ratos. A sesión foi estupenda, cun cheo absoluto e con moitas recomendacións de lecturas por parte de Fuco. Ademáis de divertinos, ensina valores e contaxia a súa paixón pola lectura.

Actividade absolutamente recomendable!

O pasado Luns día 27 de Marzo celebramos en BiblioPazos o DÍA MUNDIAL DO TEATRO coa estupenda actuación de Juste Kamishibai, papel e teatro co seu espectáculo “As historias do Kamishibai”.
Estiveron con nos nesta celebración os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos gozando do espectáculo cos contos e lendas do mundo e con interesantes historias que pretenderon inculcar nos nenos/as valores en favor do coidado da natureza, da Terra e dos seres humanos.
En definitiva, un estupendo luns de teatro no que os alumnos/as puideron gozar e participar das historias narradas por Juan Juste mediante as técnicas de teatro de papel tradicional xaponés (kamishibai), da técnica de teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergaminos ilustrados coñecida como emaki,e dun teatro despregable pop-up que fixo manter a atención dos asistentes en todo momento.

Onte 29 de marzo Galeatro realizou na biblioteca de Irixoa unha sesión de contacontos na que nos mergullamos nun mundo imaxinario, no que as cativas e os cativos -ou non tanto- descubriron como a lectura pode abrir o apetito… E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.



Séguenos