“CONTOS NADOS NO MAR” en Carballedo

Marina, a serea da Illa de Sálvora contounos cómo era a súa vida a través dunha historia chea de sorpresas e intrigas das xentes do mar, na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela.

Marina, a serea da Illa de Sálvora contounos cómo era a súa vida a través dunha historia chea de sorpresas e intrigas das xentes do mar, na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela.
No día de onte, 18 de abril ás 18 horas, celebramos o día do Libro con Raquel Queizás estivo na ALM de Areas (Ponteareas) con “Mariña. Contos nados no mar” contándonos contos e lendas do mar de maneira moi amena na que os nenos pasárono en grande dende o primeiro minuto.
Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora comparte con nós todas as súas historias con nós e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.
O resultado foi excepcional, dende os máis cativos ata os maiores participaron en todo momento, pasamos unha tarde moi divertida e emocionante cos contos de Raquel Queizás.


O día 4 de abril para conmemorar o Día Internacional do libro Infantil levouse a cabo nesta biblioteca o contacontos Madame Bechamel e Signorina Bolognesa, dúas cociñeiras algo alocadas que cociñaron un bico nun conto cheo de amor imposible entre un mago e unha bruxa-

Madame Bechamel e Signorina Bolognesa

O pasado 3 de abril LEO LEÍÑO visitou a Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea (Ponteareas) coa actividade “Maxia e humor. Entre libros anda a maxia” co motivo da celebración do día do Libro Infantil e Xuvenil. Tivemos chamas das que saíu un coello, libros encantados… Tanto os nenos coma os grandes gozaron dos diversos números xuntando a maxia coas risas, a ilusión ca diversión… Os nenos prestáronse encantados como axudantes de maga para realizar algúns trucos: a fonte, o abano…
Todo isto fixo un grande espectáculo de maxia, mesturado esquisitamente coa dramatización e a música, da man sempre tan profesional de Leo Leíño.

Cris de Caldas chegou o sábado moi ben acompañada ata a Axencia de lectura de San Vicente
A través de A galiña azul, realizou unha explicación amena do seu autor, Carlos Casares, e do que significan as Letras galegas. A galiña azul viña con moitas sorpresas para darnos a coñecer outras obras de Casares e algúns contos de tradición.

Despois da sesión de contos, desenvolveuse un obradoiro no cal participaron grandes e pequenos. Para que a obra de Casares perdure no tempo, máis aló do seu día.

O pasado 7 de abril Fran Rei achegouse ata o salón de actos da biblioteca da casa da cultura do Valadouro para contarlle ós numerosos nenos que se achegaron para ver a cita a historia de Blancaflor. Unha actividade na que os nenos disfrutaron desde o primeiro minuto.

O Carballo con botas chegou a Xermade cargado de monicreques na súa titiricleta. Contounos contos solidarios e a través deles os asistentes poideron viaxar por mundos fantásticos e tamén por lugares onde non hai paz, e onde viven persoas de xeito moi distinto ó noso. Anxo Moure ofreceunos a súa sabedoría e ensinounos a maneira de perseguila paz e de non deixala escapar das nosas vilas.

O xoves día 6 de abril celebramos en Fene o Día do Libro Infantil e Xuvenil coa visita de Elefante Elegante e o seu espectáculo “O xigante”. Era a primeira vez que viñan e había moita expectación! De feito encheouse a biblioteca (máis de 100 asistentes) a pesar de facer un día estupendo fora.

A compañía Elefante Elegante presentou “O Xigante”, unha obra inspirada nun conto de Oscar Wilde que narra unha historia na que conviven o cómico e o poético, a forza da palabra e a elocuencia do xesto, a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo estenográfico.

Foron 45 minutos de risas e sorpresas e temos claro que repetiremos pronto porque encantounos a tod@s!!

Trécola Teatro chogou onte á Biblioteca Municipal de Lugo para representar Madame Bechamel e Signorina Bolognesa. Dúas cociñeiras, moi divertidas que nos explicaron como se cociña un prato moi especial: un bico.

E fixérono con tanto cariño que seguro que está moi, moi, bo.

Onte 5 de abril -mércores- celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) cos alumnos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da Escola Infantil “A Galeriña” de Nespereira.
Andrea Vázquez de Os Piñeiriños estivo co seu espectáculo de narración oral “MERGULLÁMONOS?…” contándonos un feixe de historias que fixeron que nos mergulláramos no noso planeta percorrendo o mesmo a través dos contos e das cancións de varios lugares do mundo e da nosa Galicia natal.
Tivemos xureliños, serpes, búhos e tamén a Galiña azul nunha pequena homenaxe ao autor Carlos Casares ao que se lle adica este ano 2017 o Día das Letras Galegas.
Pasámolo estupendamente con Andrea. Mirade nestas fotos como estabamos de contentos e animados…


Séguenos