As nosas historias en Caldas de Reis : obradoiro de sombras chinescas

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil a biblioteca de Caldas de Reis adiantouse aos festexos organizando o pasado sábado a sesión de contos e obradoiro As nosas historias a cargo de Olga Abad. Un grupo de rapaces acudiron á actividade para aprender a contar con sombras chinescas. Olga mostrounos todos os efectos que se podían facer e tras un conto, os rapaces realizaron as súas propias sombras e logo representáronnas.
































Séguenos