MAGÍN BLANCO CON LIBROS EN-CANTADOS EN CAMARIÑAS
Magín Blanco trouxo a Camariñas un puñado de libros e cancións infantís.

Magín Blanco trouxo a Camariñas un puñado de libros e cancións infantís.

O venres 15 de maio, na Biblioteca de Ordes tivemos “Maxia cómica”. Celebramos o “Día das Letras Galegas” e pasámolo moi ben!



Chegou á biblioteca de Xermade un personaxe máxico moi ben caracterizado que se facía chamar Dada e que lles contou aos nenos contos de animais como o do “gatiño branco negro” ou o do “lobo feroz” e tamén contos de nenos que viven nunhas condicións moi diferentes ós nosos como o conto da nena que vivía en Burkina Faso. Durante a sesión os nenos participaron activamente nos contos cantando estribillos de cancións e colaborando na teatralización dos animais dos contos, facéndose parte imprescindible dos mesmos. A contadora tamén aproveitou para concienciar ós nenos en valores como a igualdade o respeto polo medio ambiente ou a convivencia e a colaboración de todos nas tarefas domésticas. E ademais contoulles os rapaces, de maneira sutil e lúdica, como funciona o servizo de em préstito da biblioteca animando aos participantes a levar libros para a súa casa.

Onte, 14 de maio, tivemos na biblioteca, o espectáculo do grupo Ghazafelhos co seu espectaculo ”Contos de lobo”: unha serie de contos con lobos.

A combinación destes contos con xogos de acrobacia, maxia e sobre todo moito humor fixo que pasaramos un rato moi entretido.

Para continuar coa nosa programación das Letras Galegas, tivemos o día 14 de maio a actividade “Contos do mundo: unha viaxe polo mundo a través dos contos” a cargo de Solidaridade Internacional de Galicia.

Na tarde do 14 de maio, Migallas Teatro representaron na Biblioteca Municipal de Lugo a súa obra “Merenda con pan de Millo”.
Se alguén pensaba que o proceso de elaboración do pan era aburrido, eles demostraron todo o contrario. Cargados con todos os aparellos necesarios, acompañados da súa guitarra e unha banda de pulgas, e vestidos para a ocasión, chegaron dispostos a compartir cos asistentes a súa historia e as súas cancións.

Migallas na Biblioteca Municipal de Lugo
“Miña avoa Manuela”, “Pan de millo” ou “Que cousa, cousiña, é?”, foron algunhas das cancións que interpretaron e coas que conseguiron que os nenos e nenas pasaran unha tarde inmellorable.

Migallas na biblioteca Municipal de Lugo
O pasado luns 11 de maio, comezamos na ALM de Oubiña a celebración das Letras Galegas 2015 nos centros culturais do municipio de Cambados.
Grazas ao programa da Xunta de Galicia, Ler conta Moito, puidemos gozar do bo facer de Expresións Producións e o seu espéctaculo de animación á lectura “Conto Contigo” que inclúe contacontos, títeres e maxia… resultou moi divertido!
O luns 11 de maio Rois os 165 nenos e neas de Rois entre 2 e 8 anos gozaron do espectáculo dos Monicreques de Kukas.
O alumnado regresou aos seus centros educativos cun peculiar helicóptero de papel, agasallo do protagonista da función.
Paco Nogueiras fixo vibrar Rois co seu espectáculo Brinca Vai! De aquí a acolá, o pasado 4 de maio.

O alumnado de 1º e 2º ciclo de educación primaria do municipio, gozou coa música onde se narraban as distintas celebracións festivas do noso país: o Samaín, o Entroido, o Nadal, desde diferentes estilos musicais (reggea, hip hop, electrónica, folk…).
Un espectáculo no que Paco Nogueiras, enche o escenario acompañado da súa máquina!


Séguenos