Contos no día das letras
Gracias a Solidariedade Internacional de Galicia por esa máxica sesión de contacontos do mundo para un día tan especial para Galicia como é o día 17 de maio.
Gracias a Solidariedade Internacional de Galicia por esa máxica sesión de contacontos do mundo para un día tan especial para Galicia como é o día 17 de maio.
O espectáculo de maxia e son estivo moi animado pola presenza de moitos nenos e nenas que gozaron cos trucos e xogos visuais do mago xunto ao acompañamento do baixo. Os nenos participaron no espectáculo axudando ao mago.


O pasado venres 15 de maio, dentro do programa Entre arrolos e contiños que mensualmente organizamos na biblioteca, contamos coa presenza de Bea Campos e Davide González nunha nova sesión dos Contos do Chupete!
Foi unha tarde do máis divertida, como sempre chea de contos e música que fixeron gozar aos máis pequenos da biblioteca!
Entre arrolos e contiños. Os contos do Chupete
Próxima sesión: venres 19 de xuño | 18h
*Inscrición a partir luns 1 de xuño a partir das 17.00h
Para celebrar a festa final dos Bbencontros na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, que mellor que contar ca presenza dun contacontista e músico como é Pablo Díaz, autor de libros como Tic Tac editado por Kalandraka ou Toc toc editado por Galaxia, que usamos e recomendamos nas nosas sesións.
Con él puidemos contar e cantar moitos contos que fixeron voar a nosa imaxinación, e como non podía ser doutra maneira o seu rítmo fíxonos erguernos e poñernos a bailar e dar palmas.
Pablo deleitounos con historias como a de Paco, un rato que foi capaz de chegar a lúa, ou o delirante descubrimento dun ovo, que acaba sendo un rato ou un Becho estraño.
E así, entre notas musicais e contos, fumos pasando unha tarde divertida e inesquecible, para deixar un bo sabor de boca ata a nova temporada que ben.
Que teñades un bo verán cheo de contos!!
O pasado venres 15 de maio, a Biblioteca Casa dos Fraga en Cambados contou coa compañía Matapiollos para gozar dunha solleira tarde no xardín e celebrar por adiantado o día das Nosas Letras.
Coñecemos a uns bibliotecarios un tanto curiosos, un deles mesmo un pouco torpe, que andaba detrás duns misteriosos “Comelibros” para darlles captura…aínda que lle foi misión imposible!
Andade con coidado non vaian a colarse nas vosas bibliotecas!
Interesante combinación de música e maxia para celebrar as Letras Galegas.
Teatro Calavera estivo na BPM de Camariñas coa obra “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” e o obradoiro creativo de magadalenas con fondant.
Resultaron exitosas as dúas actuacións. Os nenos/as gozaron tanto da obra coma facendo as súas creacións coas magdalenas. O grao de satisfación foi moi alto. A escenografía moi traballada e a posta en escea impecable.

Seguindo coa programación de Ler Conta Moito deste ano 2015 en BiblioPazos tivemos con nos o pasado venres 15 de maio, ás 11:00 da mañá, aos alumnos de 5ª de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos co obxecto de celebrar o Día das Letras Galegas. E fixémolo co obradoiro “Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” dos nosos amigos de Eduvia.
Durante unha hora e media a través de dirvertidos xogos por equipos (“Maria Mariño”, “Rosalía de Castro” e “Anxel Fole”) no que lanzando un dado enorme, por quendas, os participantes ían realizando as probas indicadas -pictionary, a crear, sorpresa…- todas relacionadas co Día das letras Galegas, coa súa historia, e cos autores homenaxeados ao longo do tempo, con especial atención ao deste ano, o historiador, escritor, político e etnógrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Unha divertida, animada e participativa forma de aprender cunha actividade na que o pasamos moi ben.
Aquí deixamos unha mostra…


Séguenos