Pablísimo na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo, co seu espectáculo “¡Rás! Contos batracios”

O día 9 de outubro, recibimos na nosa biblioteca a Pablísimo, quen nos contou , cantou e encantou con contos de rás e sapos, príncipes e princesas. Durante os 40 minutos que durou a sesión pequenos e maiores desfrutamos e participamos activamente da súa actuación.


O pasado día 1 de outubro , a rapazada da Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, participou activamente na actividade levada a cabo con Eduvía. A través do xogo fixeron un repaso das distintas linguas do noso planeta.












O mércores 1 de outubro, ás 18:50 h, Santi Prego trouxo á Biblioteca de O Froxel “Franciso A. Vidal” de Arteixo, moitos e divertidos contos e cantos acompañado polos seus monecos, facendo participar activamente ós nenos que viaxaron coa imaxinación a mundos fantásticos.



Séguenos