O Día Internacional do libro infantil e xuvenil a Biblioteca Pública Municipal de Poio celebróuno cun obradoiro artístico para os nenos, un obradoiro de marionetas de papel.
O pasado Xoves 24 de Abril celebramos no Auditorio do Concello o Día Mundial do Libro cunha nova actividade organizada por BIBLIOPAZOS.
Neste caso contamos coa participación de Fátima Fernández que cos seus “Contos susurrados” transmitiu moitas historias preciosas e estupendas que fixeron as delicias do público presente no auditorio.
Os participantes desta actividade –alumnos de primaria do CPI “Curros Enríquez“ de Pazos e os usuarios de ASPAVI xunto cos seus profesores e monitores acompañantes- permaneceron toda a xornada moi animados e entretidos escoitando os contos de Fátima Fernández, que conseguiu ao longo de toda a actividade que os presentes escoitaran as súas historias en silencio, coas orellas moi abertas e cunha participación moi activa.
De seguido tedes unha pequena mostra en imaxes do que pasou ese día:
Mas información en BIBLIOPAZOS.

Obradoiro que cautivou aos participantes. Estes sentíronse científicos e aprenderon moito sobre electricidade estática, reaccións químicas e libros.
O día 23 de abril a biblioteca municipal de Oroso celebrou o día do libro cun contacontos “O soño do rato” realizado por Olga Abad. Despois, os nenos e nenas escolleron na sala infantil os libros con historias de diferentes lugares do mundo nos que se imaxinan que podería viaxar o rato César, protagonista do contacontos.
A Biblioteca de Dodro celebrou o Día do Libro cunha entretida e divertida sesión de contacontos: “A maleta da avoa”, a cargo de Raquel Queizás.
Disfrutamos moito dos contos e lendas da tradición oral, que Raquel escoitaba da súa avoa a todas horas e que agora nacen da memoria, dos tesouros e dos libros gardados nunha vella maleta que a acompaña a cada unha das súas actuacións.

Na Biblioteca Municipal de Lugo celebramos o Día do Libro , coa visita de Raquel Galavís e os seus Cantacontos. Contos con música, historias que conseguieron captar a máxima atención de nenos e nenas e cancións que os fixeron levantar do chan para cantar e bailar animadamente.

Ca ratiña Carolina de Lonxedetodo disfrutamos e saboreamos os seus contos e receitas para pasar un bo rato cos nenos e nenas que se achegaron cas súas familias a deleitarse nas boas historias. Con TrinkeTrinke Teatro está asegurado o humor e a boa animación á lectura que ao final nos trae usuarios e lectores a nos a Biblioteca Municipal de Fene.

O día 23 a biblioteca de Alfoz celebrou o día do libro, a actividade “Catalina Lino Lina” a cargo de Glup Glup Teatro, está dirixida a rapaces de 3 a 12 anos. Trátase dunha obra teatral coa que se transmite ós espectadores o amor polos libros. Asistiron a obra nenos do colexio de primaria do CEIP Castro de Ouro, en total uns 65 nenos.

Obradoiro creativo de gran calidade. Os participantes pintan na súa pel personaxes inventadas por eles mesmos e despois realizan unha pequena dramatización.


Séguenos