Maxia no Centro Cultural Xaime Illa
Tarde de maxia en Poio co gran mago Pedro Bugarín.
Tarde de maxia en Poio co gran mago Pedro Bugarín.
O pasado martes 23 de xullo Fran Campos e a súa amiga Filipa visitaron Cerdedo. Pequenos e maiores quedaron “filipados” coas súas fascinantes aventuras.





Nesta actividade, Carmen Domech realizou varias accións enfocadas no entretimento e educación emocional dos cativos, dende o uso de contos acompañados de títeres ata o uso de figuras feitas a man que representaban as emocións en forma de “monstros” descoñecidos para esta pequena mocidade, 22 cativos de entre 3 e 8 anos que aprenderon da man desta contacontos cómo detectar cada sentimento e emoción, a importancia de saber qué sente cada un e a importancia tamén de analizar ditas emocións (o enfado, o amor, o medo, a tristura, etc) ao longo da vida. Os nenos foron moi participativos, xa que Carmen lles pedía exemplos de cada emoción, facendo a actividade moi amena para eles.
O 11 de xullo contamos ca actividade de Caxoto :Levántate Xan!!!!
As crianzas do PAI da Baña disfrutaron de momentos moi divertidos
Grazas Caxoto!!!
Agardamos verte axiña!



O martes, 23 de xullo, os/as cativos/as de Fontiñas pasaron un rato moi entretido grazas a Caxoto, que celebrando os seus 20 anos percorrendo Galicia enteira coas súas actuacións, volveu a engaiolar aos presentes cos seus contos e cancións, recuperando algúns dos versos máis populares de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso Daniel Castelao… e solicitando a participación da cativada co retrouso. Foi unha mañá moi animada!
Moitas grazas e moitos parabéns!!

O venres 19 tivemos a actividade nos alrededores da biblioteca de Covelo por parte de Brais das Hortas da que disfrutaron moito tanto cativos como maiores.


Sabela Losada presentou ás Cativadas de Verán de Vite unha singradura que lembraba ó clásico Xogo da Oca.
Os trinta participantes formaron equipos e completaron a Ruta Xacobea grazas á axuda dun dado xigante.
Aprenderon sobre as Cantigas medievais e sobre a orixe das frechas amarelas. Tamén sobre mulleres que deixaron pegada na ruta:
Exeria, que redactou un caderno de viaxes no século IV, ou María Pérez quen cara o 1300 pintaba cunchas e as vendía converténdose así nos primeiros souvenirs do Camiño.
Dentro do programa Ler conta Moito, o venres achegouse a Pereiro a compañía A Run Run. Cecilia queríalle dar vida a súa boneca e para conseguilo tiña que durmir e cumprir unha serie de misións que lle mandaban diferentes personaxes.

O luns 15 de xullo, no exterior da biblioteca acolleu unha sesión de contacontos protagonizada por Uxía, quen atopou un barco pirata no seu garabato. Xuntos, os participantes navegaron cara á illa Salgada en busca do tesouro de Pitimini. A imaxinación e a participación activa dos asistentes fixeron desta aventura un evento cheo de enredos e risas.


Foi unha xornada máxica que fomentou a creatividade e a lectura entre os máis pequenos.


Séguenos