20/05/2024

O pasado 15 de maio visitounos, na Biblioteca José Saramago do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, a Ciclobiblioteca. As cativas e cativos pasaron unha tarde divertida entre poesías, cancións e ritmos que os acompañaron a través dos contos que eles mesmos axudaron a compoñer.
Ademais, tiveron a oportunide de viaxar na Ciclobiblioteca mentres desfrutaban dos libros que lles trouxo. Con ritmos de frauta e pandeireta, as nenas e os nenos do barrio de Conxo desfrutaron dunha actividade na que botaron a voar a imaxinación, cantaron e bailaron para ser protagonistas e darlle vida ás historias que os acompañaron durante a actividade.

Séguenos