Día do Libro en Brión con “A bibliotecaria estrafalaria 2.0” e Cris de Caldas




Esta foi unha das actividades coas que estamos a celebrar a programación do Día do Libro. O venres 20 de abril 12 rapaces e rapazas do Milladoiro deron renda solta a súa imaxinación e crearon unhas orixinais ilustracións coas que crearon despois a súa propia caixa de luz. Cada participante levou para a súa casa a súa obra. Todas moi orixinais!! Pasámolo en grande con Carlos da Asociación Cultural Jóvenes Científicos y Emprendedores Atlantic .


Este sábado día 20 de abril dentro da programación do Día do Libro, 9 rapazas de Bertamiráns fixeron neste obradoiro da Asociación Jóvenes Científicos y Emprendedores Atlantic a súa propia caixa de luz coas ilustracións dos seus contos preferidos.





O pasado xoves 18 Sarabela Teatro visitou As Pontes para ofrecerlles aos nenos e nenas pontesas o seu contacontos O lapis de Martín. A rapazada participou da contada e ata inventamos algunha que outra palabra nova que lle regalamos a Sabela para que Martín a leve polo mundo adiante. Pasámolo moi ben!
Este mércores, 17 de abril, pola mañan na Axencia de Lectura de San Vicente, os nenos e nenas do CEIP As Bizocas disfutaron dunha sesión circense moi especial. Os números máis importantes do circo aparecen en escena grazas as marionetas de fíos, levándonos a época máis dorada do circo. Onde forzudos, equilibristas, domadores, faquires facían as delicias de todos os que alí acudían.
Unha actividade moi participatica na que en todo momento os nenos e nenas interactuaban cos vellos traballadores daquel circo para axudalos e animalos a representar os números circenses mais importantes.

Espectáculo a cargo da compañia Tanxarina Teatro que nunca defraudan e onde os mais pequenos e non tan pequenos disfrutamos dende o minuto 1.

Dada a trasna visitou a Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, no concello de Culleredo, o xoves 18 de abril pola tarde. As andanzas do gato negro Micifú e do lobo feroz, entre outros, foron engaiolantes para toda a manchea de xente miúda que estivo por aquí.


O venres 5 de abril a biblioteca tivemos unha tarde de aventuras na Biblioteca municipal do Grove. A exploradora Jeanne Baret convidou a todos os nenos e nenas a participar da súa misión na selva de Pitiminí. A través de diferentes historias coñeceron os diferentes animais que viven nela e adentráronse nesta selva salvaxe.
Unha actividade moi interactiva onde non quedou ningun neno sen participar

O día 2 de abril, día Internacional da literatura infantil e xuvenil, tivemos na nosa biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo o contaconto O caracol namorado. Un contaconto cheo de música, poesía e contos onde os pequenos e maiores cantaron, riron e pasarono ben.


O 2 de abril, Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, nenos de 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia asistiron a un contacontos de Maquinaria Teatro titulado “Que contan as árbores” dentro do programa Ler conta moito.
Esta actividad está encadrada tamén no longo proxecto que estamos a levar a cabo na Biblioteca de Ribadavia sobre a Axenda 2030. En outubro iniciamos este proxecto presentando todos os obxetivos da Axenda 2030 e posteriormente ampliamos a información centrándonos en algúns dos obxetivos como a igualdade, a diversidade e agora sobre os ODS 12 e 14, cunha exposición-mostra bibliográfica e con contacontos e obradoiros relacionados co tema.
Na exposición empregamos material de refugallo como tapóns de botellas para facer os animais acuáticos, plásticos, restos de cartón, etc…



En “contos … entre cordas” os rapaces disfrutaron dunha actividade moi entretida, poideron achegarse a música clásica dunha maneira diferente, a través de contos, música e a impresionante arpa.



Séguenos