Aida Cobas con A boneca de trapo na Biblioteca Pública Municipal María Baña en Cabana de Bergnatiños

Mara e a súa avoa pasan ratos entretidos
e a avoa contalle moitas historias de mulleres que cambiaron a historia.

Mara e a súa avoa pasan ratos entretidos
e a avoa contalle moitas historias de mulleres que cambiaron a historia.
A Biblioteca Municipal de Dorneda (Oleiros) acolleu este luns 20 de maio o taller “Coas mans na masa” da editorial Oqo. Partindo do conto de Eva Mejuto “Maruxa” as nenas e nenos puideron crear a súa escena favorita da historia de Maruxa e Pepiño, empregando coma ingredientes principais masa de pan, cores e moita, moita imaxinación.


O día 17 de maio con motivo da celebración das nosas letras,invitamos a Caxoto para realizar un repaso a través da música e dos contos por diferentes homenaxeados no día das Letras Galegas ao longo dos anos, e por suposto mención especial para Luisa Villalta. Resultou ser unha xornada agradable e divertida na que grandes e pequenos poideron interactuar

O sábado pola tarde, celebramos en Poio ás Letras Galegas cun espectáculo de Expresión Produccións.
Houbo xogos, contos, moitas risas,maxia…
Grazas Manuel.

O xoves 16 de maio, tivemos na nosa biblioteca Miguel González Garcés un contaconto sobre Luísa Villalta. Carmen e Olga, recitaron poemas das mulleres homenaxeadas outros anos nas Letras Galegas: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno e Xela Arias , con monicreques de sombras. E despois, as de Luísa Villalta cunha roda e un mural de tea despregable. Remataron lanzando avións de papeis con frases de poemas da homenaxeada neste ano.



O pasado 15 de maio visitounos, na Biblioteca José Saramago do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, a Ciclobiblioteca. As cativas e cativos pasaron unha tarde divertida entre poesías, cancións e ritmos que os acompañaron a través dos contos que eles mesmos axudaron a compoñer.
Ademais, tiveron a oportunide de viaxar na Ciclobiblioteca mentres desfrutaban dos libros que lles trouxo. Con ritmos de frauta e pandeireta, as nenas e os nenos do barrio de Conxo desfrutaron dunha actividade na que botaron a voar a imaxinación, cantaron e bailaron para ser protagonistas e darlle vida ás historias que os acompañaron durante a actividade.


O xoves, 16 de maio, Sheila García Prado, de Costa Oeste, desenvolveu un interesante obradoiro sobre Luísa Villalta, a homenaxeada polo Día das letras Galegas 2024. Empregando a técnica do zentangle achegou a figura da destacada escritora galega á cativada participante. Unha actividade moi orixinal que agradou aos nosos/as pequenos/as lectores.

O 15 de maio é o Día Internacional das Familias. Para celebrar esta efeméride, a biblioteca de Dodro contou co Iolanda Eiras e o seu espectáculo “ Fogares de cores”. Actividade, educativa e tamén divertida, que nos amosa que existen moitas formas e conceptos de familia.


Os nenos e nenas de Cerdedo-Cotobade desfrutaron dos contacontos de animales da man de A.C. Os Carballiños na Biblioteca Pública de Cerdedo. Risas, emoción e moita diversión




Séguenos