Onte luns, 9 de outubro, volvemos a ter con nós a compañía Xarope Tulú coa actuación “Roupa tendida” de Atenea García, nesta vez na ALM de Oubiña onde os nenos e nenas puideron reflexionar sobre as nosas crenzas, observalas coa perspectiva do tempo, contalas desde a visión daquelas pequenas que se fixeron grandes e cuestionaron unha e outra vez o papel das silenciadas, das que non tiveron voz.




Pakolas visitou a biblioteca “Ánxel Fole” de Nós o venres 6 de outubro, e estivo contándonos as peripecias de Ramona Órbita coa súa máquina do tempo.

Levounos a unha viaxe polo tempo desde a Prehistoria ao Renacemento , pasando polo Antigo Exipto…
Un percorrido pola historia da humanidade moi divertido e cheo de música e cancións, coas que nenas e nenos bailaron e cantaron sen parar.


Trinketrinke Teatro encheu de animais do bosque e de música de acordeón a Axencia de Lectura Municipal de Vilaboa en Culleredo. Sucedeu o venres 6 de outubro. Foi unha tarde maravillosa para todos, pequenos e grandes


Este sábado 8 de outubro, tivemos con nós a Pavís Pavós co espectáculo “Este queixo queixolán” cunha sesión de contos, arrolos, cantos, xogos e ladaíñas para bebés e acompañantes onde todos participaban.
Unha actividade moi dinámica.

O venres 6 de outubro, tivemos a visita de Manuel Solla do grupo Os Carballiños, coa actuación ” Voando libres”. Desfrutamos dunha tarde moi agradable con sesión de contacontos combinada con maxia nos que os nenos e nenas aprenderon a través dos contos valores de igualdade e superación persoal para poder conseguir os seus soños.
Todos participaron na sesión de maxia e tamén elaboraron un delicioso pastel que puideron degustar.


En Allariz seguemos desfrutando do programa Ler conta Moito, desta vez co divertidísimo espectáculo de Nelson quintero, que nos fixo gozar dun espectáculo dinámico, vistoso e colorido! desfrutaron motísimo tanto adultos coma nenos e nenas!
Un pracer de profesional
Moitas grazas Nelson!


Onte, as nenas e nenos de Oleiros tiveron unha interesante e divertida tarde de xoves co obradoiro Robótica educativa.
Traballon en grupos montando caracois e muíños de arrefriamento con son, luces e movemento!
Actividade superparticipativa!


Contacontos que diriximos a nen@s de 1 a 4 anos protagonizado pola ra, un monicreque, “Nano”. Através de diferentes contos, cantigas, enredos, dun xeito lúdico, os nen@s aprenderon sobre o mundo que os rodea e moitas cousas sobre uns animais tan especiais como son as ras.
Nen@s e adultos acompañantes, gozaron moitísimo con “Chimpo de ra”. Facía moito tempo que non oiamos rir tanto nunha actividade. Deliciosa e completísima sesión de contacontos con Raquel Queizás.


Séguenos