Onde está Amelia Earhart?




As nenas e nenos asistentes pasaron unha tarde deliciosa cos monicreques que se moveron por diferentes escenarios e lograron manter a atención en todo momento.
Realizouse o día 18 de outubro de 2023.

O ilustrador Óscar Villán ofreceu, este mércores pola tarde, unha amena charla na Biblioteca Central María Pita sobre os segredos da súa profesión. O encontro co pintor e ilustrador, un dos profesionais máis notables do panorama da ilustración de libros infantís, achegou ao público cambrés, ao proceso de ilustración dun libro e ás posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte en xeral.

O mércores, 11 de outubro cada participante debuxou, a lapis, un conto en seis viñetas.
Visitounos na Biblioteca de Dodro Antía Yáñez co seu de xogo de pistas As rescatadoras, no que os rapaces e rapazas aprenderon dun xeito divertido como funciona e moito mais cousas sobre a biblioteca

O pasado venres 6 de outubro, Leonor e Cristina (Leo Leíño) visitaron a biblioteca municipal de Monforte de Lemos. Nenos e nenas de entre 5 e 6 anos asistiron a un espectáculo de maxia que os tivo engaiolados durante a hora que durou. Libros que arden pero non se queiman, a historia do Principiño, Don Quixote e outros parsonaxes literarios sirven de fío conductor para os números de maxia que combinan coas historias destes libros.
O público quedou moi satisfeito da actuación destas dúas magas boas que despertan moita tenrura entre os máis pequeniños.



O 10 de outubro Esperanza Mara a cargo de EMANARTE, presentou na Biblioteca de O Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo, o seu espectáculo contando e cantando historias sobre animais e instrumentos musicais rematando con canto lirico que fixo a delicia dos asistentes mais pequenos e tamén dos maiores


Pakolas animando co seu churrasco de mamut a todo o público asistente.
O domingo 8 de outubro tivemos a sorte de contar co divertidísimo Pakolas na biblioteca “Salgado Toimil” de Foz. Unha proposta súper animada que combina música coa narración oral, na que Pakolas nos relata as aventuras de Ramona que viaxa ao pasado e o futuro a través dunha máquina do tempo, procurando un mundo mellor. Unha actividade moi participativa e graciosa que conseguiu que cantasen e danzasen todos os alí presentes. Podemos garantizar que Pakolas fíxo vibrar o salón de actos enteiro coas suas pezas rockeiras e a súa posta en escea.
O martes 10 de outubro tivemos unha nova sesión dentro do mes das Bibliotecas.
Teatro Calavera achegóuse a Portonovo para ofrecernos unha actividade teatralizada e deleitar así ó público infantil asistente, pero tamén os maiores que os acompañaban.

A exploradora Jeanne Baret invitou ó público a unha misión pola selva de Pitiminí, chea de misterios e especies por descubrir, e adentrándonos na natureza salvaxe coñecemos distintos animais e diferentes historias. Para rematar coa historia da cebra Camila e como os seus amigos a axudaron a recuperar as raias perdidas.

Pasamos unha tarde moi divertida e movida, xa que houbo que pasar por distintas probas para sobrevivir na selva 😉
E rematou a sesión con cada neno e nena levando un animaliño para a súa casa.
O martes, 10 de outubro, estivo con nos Paula Carballeira na ALM de Vilariño coa espectáculo “Tres irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos” na que nos contou que en moitos contos hai 3 irmás: a maior, a do medio e a pequena, pero en poucos teñen nome, nome propio, e o nome é importante para que se lembren de tí e da túa aventura. En moitos contos hai camiños, a miúdo é un soños para cumplir, pero se hai 3 cada persoaxe pode escoller o seu propio destino. En moitos contos hai perigos, pero un gran perigo é aquel que deixa pequenos aos outros.
Pasaron unha tarde moi divertida!!!



Séguenos