Levantate, Xan! no Casal de Ferreirós (Poio)
Onte pola tarde estivo con nos, Caxoto, coa sua contada musicada, Levántate Xan!. Os bebes desfrutaron coas cancións e cos animais da granxa!
Onte pola tarde estivo con nos, Caxoto, coa sua contada musicada, Levántate Xan!. Os bebes desfrutaron coas cancións e cos animais da granxa!
O Venres 28 de abril tivemos a visita da ratiña Lilly, que viña dende Lonxedetodo para contarnos unhas historias moi tiernas. No seu xardín, turelí. Hai un noño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos mostra, naza un paxariño. E fará o imposible para que naza de mellor maneira posible. iso faino con musica, con contos que cautivaron a todos os nenos e nenas que participaron da actividade.

Onte puidemos disfrutar da función do Mago Marco no Centro Cultural Xaime Illa.
A proposta de Marco é a maxia clásica adaptada aos nosos tempos.

A B.P.M. de Carballedo organizou no Campamento de Verán municipal unha sesión de contacontos pola igualdade coa finalidade de rachar estereotipos.
A B.P.M. de Carballedo organizou no C.E.I.P. Xosé Luis Taboada de A Barrela o contacontos “Fantasías de papel” a cargo de Fatima Fernández Gómez.
Tanto as alumnas e alumnos como o profesorado pasárono moi ben con unha chea de contos.


Quedamos todos encantados!!!

Unha historia moi recomendable para público familiar sobre a tolerancia a ser diferente

A bruxa Maruxa non quere ser bruxa, quere ser contiñeira. Filla, Neta e Bisneta de Bruxas, esta rapaza irá contando a súa historia á vez que introduce no diálogo contos da literatura galega e algunhas cancións populares. Ademais, buscará a participación activa dos asistentes na repetición das cantigas, meigallos e na narración dos contos.
Nenos, nenas e familias participaron con entusiasmo, cantaron, bailaron e botaron unhas risas.

O venres 21 de outubro o grupo “Duende Sico” representou “Elba e Marcos e os xoguetes encantados”. Un éxito!
Día 25 de outubro de 2022 ás 11:30 en Escairón
Seguimos celebrando o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
da man do Mago Paco
o 25 de outubro, ás 11:30 na biblioteca
Con contos e trucos pasamos o rato co Mago Paco.
Recibimos algún susto (por eso de que estamos a poucos días do día de Samaín e había que sentir medo) e sorprendémonos cando a serpe do mago desapareceu e se trasladou. Ou cando sen agardalo o mago pegou un berro!

O susto máis grande foi cando prendeu lume no libro que dicía QUE NON SE ABRIRA BAIXO NINGÚN CONCEPTO SE ABRIRA EN PRESENZA DE NENOS E NENAS!

Pero quedamos coa boca aberta cando a baralla se ía facendo cada vez máis diminuta:

Quen sabe como fixo todos eses trucos?

O Día da Biblioteca, visitounos Miguel Cortés Hernández. Con él fixemos un obradoiro de papiroflexia, que consiste en empregar un conxunto de técnicas que permiten realizar figuras en papel dobrándoo, sen realizar cortes con tesoiras nin usar pegamento. Só nos fixo falta un anaco de papel, paciencia, algunha que outra repetición e moitas ganas de aprender e divertirse.



Séguenos