Pedras de Papel co obradoiro Papelarte na biblioteca de Meicende “Antón Castro” – Arteixo

O día 19 de outubro as crianzas realizaron esculturas utilizando papel e a súa imaxinación, baixo a dirección de Electra Menéndez que en todo momento estivo pendente do traballo de cada persoa.
Por iso, nenas e nenos remataron felizmente as súas figuras.


O dia 18 de outubro, Al Guanella tróuxonos a nosa Biblioteca, unha cadeliña chamada Tana, facendo o espectáculo teatral “CONVERSAS CON TANA”, baseado na ventriloquía, coa participación da rapazada e os maiores que disfrutaron moito desta actividade.


Este venres, 14 de outubro, visitou a nosa biblioteca carlos Coira (Pinconús Teatro) que viña acompañado do seu bibliotecario favorito, Don Basilio.



A tarde do xoves visitaron a nosa biblioteca Ciencia divertida para realizar o obradoiro 20.000 leguas de lectura divertida.





Séguenos