Ian & Elisa presentan en Brión o espectáculo “Historias fabulosas”




E para celebrar o Día das Letras Galegas o pasado 22 de maio tivemos contos, música e caricaturas para coñecer dun xeito entretido e didáctico a obra de Florencio Delgado Gurriarán. Unha actividade moi completa. Nenas, nenos e persoas acompañantes descubriron ademáis o ben que debuxan unha caricatura. E Florencio quedou con nós na biblio.

Chega á fin maio, e na Biblioteca Municipal de Culleredo rematamos as actividades do mes das Letras Galegas á procura de biosbardos. Foi onte, xoves 26, na compaña de Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto. E foi marabilloso e formidábel





A maxia visual chegou á Biblioteca Rialeda. Marcos provocou a sorpresa dos asistentes elaborando figuras e paisaxes con area, proxectada, despois, na pantalla. O debuxo guiou a narrativa, acompañada con voz e cun fondo musical e cromático axeitado a cada conto. 


Trémola Teatro estivo o venres 20 de maio na Biblioteca Municipal de Ordes. “A nena que se comía os contos” resultou ser unha historia marabillosa e divertida. O público con ganas de repetir. O grupo magnífico! Facendo biblioteca!

OQO achegou á biblioteca do Grove o seu espectáculo “Contos da Leiteira” con varias historias de empoderamento femenino, ás veces con mulleres de carne e óso, e outras, representadas por animais; como a galiña do conto “O galo traganoces”, outras veces con marcados clixés e tradicionalismo; como no conto “A máscara do león”, que agocha unha crítica a todos aqueles que viven as súas vidas conforme ao que os demais agardan deles.

“Os contos da Leiteira” no Grove
Tamén alertaron das dificultades de alcanzar algo tan esencial como é a identidade persoal, o recoñecemento a ser un mesmo.


Papelarte é un obradoiro versátil, cunha duración axeitada, esteticamente moi bonito, guiado por unha gran profesional que facilita moito todo o proceso de creación e no que se elaboran auténticas obras de arte.




Cambiache o conto!! Con contos,cancións e Filipa
Este venres 20 de maio, gozamos coas andanzas de Maruxa, que xa non quere ser bruxa como o resto das mulleres da súa familia. Ela quere ser artista e demostrounos o seu bo facer contando contos, cantando, bailando e tocando o requinto. Os nenos e nenas pasaron unha tarde moi animada cantando as cantigas e meigallos de Maruxa.

Duende Sico visitou As Pontes co seu espectáculo Elba e Marcos e os xoguetes encantados. Os rapaces e rapazas das Pontes participaron con moito entusiasmo nesta función de títeres que incide na igualdade de oportunidades entre os homes e as mulleres


Séguenos