Polo correo do vento na B.P.M. de Poio
Onte tivemos unha tarde moi animada grazas a Polo correo do vento.Deica a próxima visita…
Onte tivemos unha tarde moi animada grazas a Polo correo do vento.Deica a próxima visita…
A rapazada de Cambre recibiu este xoves 15 de setembro -ás 17:30 horas- a visita do Principiño para abrir a programación de actividades de animación á lectura deste curso que comeza.
A sesión, realizada na Biblioteca Municipal Os Templarios, consistiu nun contacontos teatralizado, a cargo de Raquel Galavís. O Principiño en Madagascar combina a narración oral coa proxección de pezas documentais que introducen a nenas e nenos na cultura malgaxe, na paisaxe e nas vicisitudes das xentes daquel país. A tenrura das súas historias logrou contaxiar a todas as persoas presentes, convidando á emoción da lectura.




O xoves 8 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Fran Rei coa obra “Superheroe”, un espectáculo de narración familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Trátase dunha obra moi entretida con argumento moi peculiar. En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.

Seguimos coa programación de Ler conta Moito 2022,
o xoves 8 de setembro visitounos Títeres e conta contos Tarabelos,
co espectáculo ” O TRAXE NOVO DO REI”, un traxe especial para un rei especial,
un traxe novo e máxico, que nos fixo pasar unha tarde moi divertida, donde a cativada foi moi participativa.


Da man de Raquel, o pasado xoves poidemos desfrutar na Casa Habanera dos contos: A partes iguais, A máscara do león, A sopa queima, Pedra , pau e palla, O galo traganoces da editora Oqo.
Un auténtico pracer!!

Seguimos coa programación de Ler conta moito 2022, nesta ocasión coa visita da Orquestra de camarote, un espectáculo de narración oral con musica en directo que nos fixo gozar a todos e todas. Dous profesionais que nos fixeron pasar un rato divertidísimo, con un narrador que te abraiaba dende o primeiro momento e un gran músico ao seu carón.
Moitas grazas pola vosa visita!




O pasado xoves 25 de Agosto dentro do conxunto de actividades de «Ler Conta Moito» da biblioteca de Val do Dubra, tivemos a actuación de títeres Cachirulo ca súa obra “A CABEZA DO DRAGON”.
Tanto os nenos/as como os adultos, disfrutamos dunha tarde estupenda con esta divertida obra de Valle-Inclán que nos transporta a un reino de fadas e dragóns para vivir unha aventura onde a bondade e o amor triunfan sobre a soberbia dos poderosos.
CIENCIA EN MOVEMENTO : S.O.S. Á TERRA
Xesús e Amparo tratan de concienciar os máis cativoas/as dos problemas que envolven actualmente ó noso planeta (incendios, falta de auga, calentamento global, pouco coidado cos desperdicios, etc ). Mediante xogos, preguntas e experimentos involucran os nenos e nenas de primaria e secundaria na recuperación e protección do medioambiente. Amosan todo tipo de contaminacións e desfeitas do ser humano ó mesmo tempo que plantexan varias solucións coma reciclaxe, enerxías renovables, etc
Moi interesante, non só pos nenos. Non-no perdan!
Este martes na Axencia de Lectura de San Vicente puidemos desfrutar dunha actividade moi interesantes. Descubrimos a técnica de Stop Motion para realizar unha animación dun conto. Os rapaces e rapazas crearon as marionetas dos personaxes do conto “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak para despois crear a animación deste conto coa técnica Stop Motion.

Peque disco: A trvés de divertida coreos e boa musica os pequenos divertesen, bailan e rin como nunca



Séguenos