Aprendendo a Querer de Trinke-Trinke, na Biblioteca Municipal de Meis

Quen nos quere é quen nos coida e nos respecta. Contacontos para apreciar a afectividade san. Moi interesante.

Quen nos quere é quen nos coida e nos respecta. Contacontos para apreciar a afectividade san. Moi interesante.

Sesión divertida e moi didáctica. Un exemplo de ensinanza da reciclaxe.

Contos de animais para concienciar sobre as consecuencias do cambio climático. Moi impactante.


O pasado venres 29 de xullo tivemos e disfrutamos nos alrededores da biblioteca de Covelo das cancións e contos de Pablo Díaz coa sesión de “Contando números, cantando cores”.

O xoves, 28 de xullo, Pedro Bugarín compartiu con nós o seu espectáculo de maxia. Deixounos completamente abraiados e con ganas de máis. A súa simpatía, o seu sentido do humor , as innumerables sorpresas e a procura da participación do público asistente fixeron que a proposta resultase todo un éxito. Agardamos que nos visite de novo!!
Actividade na que a través de xogos os/as participantes coñecen algo máis sobre a orixe e significación do día das Letras Galegas, así como aos seus autores e autoras homenaxeadas ata o momento, en especial a Florencia Delgado. 

Divertida historia chea de humor na que un neno chamado Max crea na sua habitación un mundo imaxinario onde é libre ata para ser monstro ( o máis monstro de todos).
Na súa aventura desafía os seus propios medos, frustacións, rabia e incomprensión, e ata o rexeitamento.
O final, bota de menos a súa nai polo que volve a casa e comprende que sempre hai que respetar os demáis.
Moi recomendable
O pasado venres, estiveron en Santiso Elisa e Ían facendo disfrutar ós máis pequenos con diversas actividades. Sombras chinesas, scape room, maxia, contos e moito máis para pasar un momento moi entretido.

O pasado venres puidemos distraernos da abafante calor, desfrutando da divertidisima actuación do mago Pedro Bugarín .
Un espectáculo, que ainda que foi moi entretido, non estivo falto de certa dose de perigosidade de amputación co “truco” da guillotina cortamans.

Lamentablemente Sofia non foi quen de acadar o reto de meter a moeda no vaso. O que impediu que todos/as os/as presentes acadaran a súa consola de videoxogos que Pedro apostara.
No canto recibiron unha variña máxica pregable. 
Malia a calor, na Bibliopiscina de Biblioteca dos Tilos (Teo) non quixemos perdernos este espectáculo de títeres onde os animais queren saber a que sabe a lúa. Desfrutamos axudando a coidar os paxariños para que a serpe non os atopara e vendo os ensaios de piruetas da cadela Violeta.




Séguenos