Contoaventuras no C.C. Xaime Illa de Raxó
O xoves 23 tivemos unha visita moi especial e unha chea de contos con Manuel Solla!
O xoves 23 tivemos unha visita moi especial e unha chea de contos con Manuel Solla!
O venres 24 de setembro estiveron na Biblioteca Municipal de Ordes. Todo un éxito. Música, contos, debuxo, arte…todo da man. Grazas ao grupo artístico e tamén ao noso público. Desexamos repetir!!! Facendo biblioteca!


Nos últimos días vimos un rato que ía e viña pola Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada pero non dabamos falado con el. Por fin o pasado venres soubemos o motivo da súa visita: contar contos dos ratos de lonxedetodo. Contos divertidos, curiosos, engaiolantes, emocionantes. Pasámolo tan ben que lle deixamos un anaco de queixo para animalo a volver outro día.


Este venres 24 acompañounos Tone Martínez con moreas de historias que lle contaba a súa madriña cando pasaba o verán con ela, na aldea de Villaverde e quería que deixara as maquiniñas e gozara do entorno.
Achegámonos ao mundo dos bechos e da natureza dunha maneira moi especial, dándolle a importancia que estos teñen para conservar o noso medio ambiente e coñecendo de cerca as divertidas aventuras da Mosca Chosca ou do grilo apaixonado das panxoliñas do Nadal. Os nenos e nenas pasaron unha tarde abraiados co que estaban escoitando e levaron unha idea moi divertida para facer a vindeira vez que vaian de excursión polo monte.
Divertidísmo percorrido pola historia da man de Teatro Ghazafelhos. Grazas á máquina do tempo da doutora Mon, viaxamos polas distintas épocas históricas, desde o Xurásico ata a Idade Contemporánea

E coñecimos á mona Lucy, a un cavernícola, a Akenatón, a Leonardo da Vinci e ata Neil Armstrong!


A Asociación Lucense de Tempo Libre foi a responsable de impartir a actividade de Robótica educativa. Creatividade inspiradora. Coma o tempo de duración é de 120 min e a demanda foi xenerosa, ofreceron a posibilidade de facer dous grupos e incluso traballar máis tempo do pactado. As sesións resultaron moi amenas e instructivas. Construiron robots con pezas de lego que animaron con movemento, luz e son a través do programa scrath, para o que lles facilitaron unha tablet. O monitor foi paciente, claro e moi organizado.
Recomendoa polo interese que esperta nos nenos/as e pola bo traballo e dispoñibilidade da Asociación Lucense de Tempo Libre.


Este xoves contamos na biblioteca coa compañía Duende Sico e a súa representación de títeres Elba e Marcos e os xoguetes encantados. Elba e Marcos son irmáns e ás veces teñen as súas diferenzas… Agóchanse os xoguetes, fanse trasnadas, dialogan sobre as profesións, xogan ás palabras rimadas, etc. Pero o pasan xenial, como as nenas e nenos de Oleiros nesta xornada de contos.


O martes 21 de setembro tivemos na Biblioteca Central Municipal de Cambre unha sesión ben interesante sobre as grandes aportacións de moitas mulleres ao desenvolvemento da ciencia desde a antigüidade aos nosos días. A compañía Ciencia en movemento trasladou ata Cambre o seu laboratorio para visibilizar dun xeito práctico e ameno a estas “Excelentes mulleres científicas”.




Séguenos