Un grupo de avoas pasaron por Ares
Un grupo de avoas chegaron á biblioteca de Ares,
e estiveron contando cousas de avoas moi divertidas……
Cantamos e bailamos tod@s xunt@s



Un grupo de avoas chegaron á biblioteca de Ares,
e estiveron contando cousas de avoas moi divertidas……
Cantamos e bailamos tod@s xunt@s




Visitounos na Biblioteca dos Tilos Antía Yáñez coa súa proposta de xogo de pistas na biblioteca. Unha estupenda maneira de dar a coñecer a biblioteca e os seus fondos e ó mesmo tempo coñecer algunhas autoras importantes



Neste obradoiro, realizado o día 20 de outubro, as crianzas participantes debuxaron e colorearon seres míticos de Galicia.
Celtia Figueiras, de A Xanela do Maxín contounos a historia de Lúa, unha gatiña que non come ratos. O seu desexo é viaxar polo mundo e ir á universidade. A súa aboa e o seu amigo gato queren que quede na casa, pero ela non se resigna…


Unha historia na que os valores de igualdade están presentes e que encantou a nenos e nenas.
O martes 19 de outubro, XAROPE TULÚ nos presentou a súa actividade de “UTOPIAS: narración con obxectos”. Un espectáculo que combina a narración oral e a manipulación de obxectos, contando historias que fixeron a ledicia do público asistente.





O pasado venres gozamos na Axencia de Lectura Municipal de Carnota dunha tarde repleta de contos en clave de igualdade, da man de Talía Teatro. Rosa Caramelo, e outras historias é un espectáculo teatral creado a partir dunha serie de contos contos de Adela Turín para lles dar unha volta aos roles e estereotipos de xénero. A historia dos bonobos con lentes, Artur e Clementina e Unha feliz catástrofe, integran esta montaxe, máis que recomendable para desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

Nenos e adultos pasamos un bo rato desfrutando dos contos e xogos da peregrina máxica.


Séguenos