Cociñando historias en Santiso
O pasado venres, Santiso celebrou o día da Biblioteca a través do contacontos “Cociñando historias de igualdade”. Aprendemos moito coñecendo novos contos e disfrutamos xogando.

O pasado venres, Santiso celebrou o día da Biblioteca a través do contacontos “Cociñando historias de igualdade”. Aprendemos moito coñecendo novos contos e disfrutamos xogando.

Os/as máis pequechos/as do lugar aproveitaron a chuvosa mañá do pasado domingo 24 de Outubro para gozar da
estimulante actuación Musicreques ( Contacontos musicais) da Asociación Tres por Catro. Na que a música en vivo e os contrastes de luces e cores, mantiveron a atención das numerosas familias que se achegaron para a presenciar.

O pasado venres, tivemos na nosa biblioteca a Carla, contando contos de piratas….
Contounos as historias de Daniela, un rapaza que quería ser pirata dun barco.
Fíxonos todo tipo de xogos.
Unha actividade ven divertida!


Divertido, divulgativo e participativo obradoiro/espectáculo sobre o Sol, e sobre a natureza e propiedades da luz, que deixou aos nenos/as de 2º e 3º ciclos do CEIP de Moeche enganchados, cheos de interese e asombrados ante os experimentos e as exposicións de Vicente Mohedano, tomando un papel moi activo en todo momento.
Grazas a Vicente polo que puxo da súa parte para que a actividade puidese chegar ao maior número de alumnos posible, tendo en conta os protocolos covid dos colexios.
A historia que nos veu contar a trasna de A Nube Aminación, fíxonos reflexionar sobre os estereotipos sociais que, en ocasións se impoñen, e como nos inflúen a hora de achegarnos as persoas, por elo, o mellor é non xulgar, sen antes coñecer.
.

O 21 de outubro celebramos o Dia das Bibliotecas (24 outubro) con dúas sesións de contacontos da man de Teatro Calavera titulado “Os contos da bruxa Chispum” e cun obradoiro posterior na que os rapaces elaboraron unha pócima fluorescente. Este contacontos foi posible grazas ao programa Ler conta moito.
Esta vez os nenos que asitiron foron nunha primeria sesión, nenos do CRA Amencer de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria e nunha segunda sesión, nenos de 4º de primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia.
Asi de ben o pasaron ambos grupos:



O 15 de outubro ás 10:30 h, nenos de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia asistiron a un contacontos titulado “Contos do mundo” de Solidariade Internacional de Galicia, dentro do proxectos “Viaxa coa lectura” que estamos a facer ao longo deste ano e co cal levamos un dos premios Maria Moliner de fomento da lectura. O devandito contacontos foi posible grazas ao programa Ler conta moito.
Nel, os nenos aprenderon moitas cousas da cultura das antigas civilizacións sudamericanas, como aztecas, maias e incas, asi como lendas dos mesmos e a actividade que está levando a cabo a asociación de Solidaridade Internacional de Galicia nesas zonas.

O pasado día 22 de outubro tivemos a oportunidade de pasar unha tarde moi agradable co can de terapia de EnCANTO (intervencións asistidas con animais) dentro da actividade de animación á lectura do libro Vivan as uñas de cores! de Alicia Costa e Luis Amavisca, que arrincou os sorrisos e afectos dos alí presentes.

Un conto imprescindible que nos fai cuestionar a maneira que temos de xulgar aos demais e o necesario que é deixar de banda os prexuízos.

Paco Nogueiras co seu EXTRA! voltou a estar co Ler Conta Moito na Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa.

Con el e con toda a rapazada e a os seus familiares disfrutamos dunha tarde moi divertida…

Coas últimas novas, a música e as súas cancións celebramos o Día das Bibliotecas!!!

E tamén démos por finalizado este programa de dinamización da lectura… Parabéns!!!




Séguenos