17/09/2021
Onte comezamos as actividades de animación á lectura deste mes de setembro do programa LER CONTA MOITO co desexo de cumprir o noso obxectivo de seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades; ademáis de ofrecer espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.
A primeira das actividades tivo lugar onte XOVES 16 de setembro ás 12:30 horas, no Auditorio do Concello, no que contaremos con Diego González Hermida “O CALBOROTA” que nos trouxo o seu espectáculo “UN RATO MÁXICO” no que “Don pergamiño, un vello e simpático rato de biblioteca extraordinaria que le tódolos libros que aparecen nas súas mans e os interpreta de tal xeito que os nenos e as nenas viven o seu contido e as súas aventuras como se foran propias”.
O show de maxia educativa moi interactivo onde se mesturou o ilusionismo co contacontos e os monicreques, fomentando a imaxinación e a participación co obxectivo principal de animar á lectura.
Os convidados a esta actividade, os alumnos de INFANTIL do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, pasaron “UN RATO MÁXICO” estupendo e moi divertido.



Séguenos