CAMARIÑAS NA RUTA DOS SUBMARINOS
En Camariñas rematamos a Semana da Ciencia con este obradoiro de submarinos. Foi de moito interese para os participantes e cumpriu coas nosas expectativas.


En Camariñas rematamos a Semana da Ciencia con este obradoiro de submarinos. Foi de moito interese para os participantes e cumpriu coas nosas expectativas.


A Biblioteca de A Illa de Arousa continúa “Contando en Igualdade” co Programa Ler Conta Moito-Igualdade.

O venres 11 de outubro, tivo lugar a visita de Patricia que veu a contarnos a aventura de Daniela Pirata para sorpresa dos/das máis novos/as.

A verdade, unha tarde moi entretida onde nais, pais, nenas e nenos desfrutaron coas probas e aventuras de Daniela Pirata…
Unha actividade que dende aquí recomendamos…


O pasado 10 de outubro estivo con nós Pablísimo, contándonos contos de príncipes que pasaban o ferro e princesas valentes e ensinounos unha gran mostra de instrumentos de tódalas partes do mundo, invitándonos a participar con él tocando eses instrumentos para amenizar outro conto.

O público saíu encantadísimo e desexando telo de novo pola biblio de Mondariz-Balneario.


O pasado martes 29 gozamos co Dr. Tilla e os seus contos, a través dos que aprendimos a enfrentarnos á horrible enfermidade que causa o virus do machismo.
Seguimos có programa Ler conta moito 2019 na súa categoría de Igualdade e Violencia de Xénero coa visita de Aldaolado que nos trouxeron ” A ovella Engracia” a Allariz.
Esta vez disfrutaron as nenas e nenos de 6º de educación infantil, 1º e 2º de educación primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz.
Gozamos dun conto con música en directo , onde a voz e guitarra de Lucía Aldao nos fixeron soñar e a ovella Engracia ( Maria Lado) nos fixo botar unha morea de risas. Unha obra que transmite valores coma a igualdade e a confianza nas propias capacidades.
Encantadísimas de ter a este dúo de ovelliñas en Allariz.
Grazas ALDAOLADO e ata a próxima

Este xoves día 11 tivemos na Biblioteca Rego da Balsa a Olga Brañas, que nos ofreceu o seu espectáculo “Cinema e música con Buster Keaton”.
Nel, Olga acompañaba co seu piano un dos filmes máis coñecidos de Buster Keaton, Sherlock Jr., e resultou ser unha actividade do máis orixinal e inspiradora, ademais de facer unha gran labor de difusión das artes cinematográficas.
Os asistentes saíron moi satisfeitos do noso auditorio.

View this post on InstagramA post shared by Bibliotecas da Carballo (@bibliocarballo) on
As e os piratas da parroquia de Vilariño – Cambados, gozaron na tarde de onte na axencia de lectura, dunha super aventura sobre igualdade!! Actividade moi dinámica, onde a participación foi plena.





O xoves 10 de outubro o mago Richard visitou a Biblioteca Central Rialeda co seu espectáculo “Tecnoiguais”. Realizou divertidos trucos de maxia con barallas, paraugas, panos de cores, etc. a través dos cales coñecimos algo máis da ciencia. Porque coa ciencia e as/os científicas/os podemos pasalo xenial!.



O mércores día 9 pasamos unha mañá moi divertida na biblioteca. Estiveron con nós Noa, Antón, Uxía, o avó, a profe… Pero antes de recibilos fixemos uns exercicios previos para atraer a imaxinación…
Espellos coas mans, mirándonos a nós e ás compañeiras e compañeiros.
Con imaxinación, ollos e escoita, fomos coñecendo a Noa. Descubrimos que lle gustaba moito xogar á pelota, e tamén ás espadas, ler cómics e asubiar.
Unha sesión moi dinámica e divertida, con xogos de linguaxe cun abano co que podemos crear ata un diccionario non sexista, repeticións de textos e coreografías, mímica, teatro e psicoloxía. Así fomos descubrindo que cada persoa é especial.
Moitos parabéns a Sabela Gago pola súa profesionalidade e bo facer!


Séguenos