“Brinca Vai! ” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
Tarde musical co espectáculo “Brinca Vai!” de de Paco Nogueiras. Unha combinación de cancións, animación e interpretación cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Tarde musical co espectáculo “Brinca Vai!” de de Paco Nogueiras. Unha combinación de cancións, animación e interpretación cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Elisabet Hillerud marabillounos coas súas creacións elaboradas co método zentangle.



Na tarde do mércores 25 de setembro descubrimos que se poden realizar cun lápis e un rotulador fermosas imaxes, sen necesidade de ser expertos debuxantes.
A técnica zentangle é moi sinxela e os resultados son espectaculares, e ata unha nena ou neno ben pequeño o pode facer. Consiste en ir trazando patróns repetitivos, por exemplo espirais ata formar belas imaxes.
É unha técnica moi relaxante para quen a utiliza, que conduce á concentración e á tranquilidade. A través do zentangle actívase a autoestima, pois os resultados son moi impactantes sen necesidade de saber debuxar, simplemente tendo paciencia para seguir as secuencias. Unha maneira tamén de fomentar a sensibilidade artística.
Ao comezo da actividade Elisabet entrégalle a cada participante un caderno en blanco, cosido á man. Cando rematan levan para a casa unha pequena alfada na que poden ir dando conta das súas lecturas, e seguir ilustrando o interior das súas páxinas.
Elisabet Hillerud, magnífica. Transmite moi ben o entusiasmo polo zentangle.
Actividade moi recomendable.

O martes 24 de setembro actuaron Isa e Edu de Teatro Marionetas Trécola na biblioteca de Lorbé.
Nenos, nenas e adultos asistentes estiveron moi atentos á historia de catro amigos, Luci, Mirta, Denís e Oliver que tiñan un grave problema.
Xenial posta en escena e unha historia sobre bulling que deu que pensar a nenas e nenos, ao tempo que os divertiu e entretivo.

O martes 24 tivemos a oportunidade de gozar de “Isto non é unha caixa” da man de Sarabela Teatro, un espectáculo que xunta unha música moi ben escollida, un afortunado fondo escénico e un relato arredor das nove maletas viaxeiras. Coa participación dun público interesado en propoñer novos destinos nesta viaxe, a tarde fíxose curta para satisfacción de todos e todas.

A Biblioteca de CEIP da Barrela (Concello de Carballedo) acolleu a actividade titulada “Con ciencia de muller” dentro do programa Ler conta Moito. Consistiu nun obradoiro no que se fixeron varios experimentos de ciencia, co que o público asistente quedou encantados.

O venres 20, visitounos o carteiro de augasclaras. Trouxo cartas para nenos que asistían ao contacontos que enviaban personaxes de diferentes contos : Rosa caramelo, Artur e Clementina e María. Aos nenos gustoulles moito os escenarios montados para os distintos contos.



O pasado día 14 de setembro celebramos “O día do neno” encadrándose dentro da programación de Festas Patronais da nosa vila. Ademais de outra serie de actividades dirixidas a todos os públicos, co programa Ler Conta Moito puidemos levar a cabo a representación do espectáculo de títeres “Pinocho” para os máis pequenos. A actividade resultou ser un éxito, posto que debido á gran afluencia de público, a biblioteca municipal quedouse pequena e a obra tívose que transladar ás inmediacións da mesma.




O venres 20 de setembro tivemos na biblioteca unha actividade moi interesante. A partir do cartón dunha caixa de zapatos puidemos construir dragóns de moi diferentes tipos, tamaños e cores.
Só precisamos o cartón, un rotulador, tesoiras, cinta de papel adhesiva e unhas directrices que sabiamente nos proporcionou Antonio Rodríguez Arenas, de Mircromina Teatro de Títeres.
Ao remate do obradoiro nenas e nenos comprenden con claridade o paso de 2D a 3D, como se pode lograr unha figura tridimensional partindo dunha tira de cartón.
Cada participante deixou voar a súa imaxinación e personalizou as figuras ao seu xeito.
Un obradoiro moi creativo e moi ben conducido por Antonio.
Todos levaron para a casa as súas creacións.

O venres 20 de Setembro, celebrouse na BPM de Paradela unha sesión de contacontos a cargo de “Trémola teatro”.
Da man da exploradora Paula os nenos e nenos da nosa bilbioteca, a pesar de non lles ter medo aos monstruos, foron en busca deles.
Cargaron as súas mochilas de exploradores e partiron de viaxe recorrendo distintos paises; o país das bruxas e o país branco ata chegar o país dos monstruos.
Unha viaxe moi divertida que seguro non esquecerán!!


Día 20 de setembro de 2019 ás 18:00, na biblioteca de Escairón
Temos a terceira actividade do ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
da man de Tarabelos
o 20 de setembro, ás 18:00 na sala infantil
Un obradoiro artístico: un conto de Rosalía, un chisco de poesía, música e arte … pola igualdade.
a través de varios poemas de Rosalía musicados, fomos atendendo e buscamos as imaxes das palabras que dicía a canción.


Continuamos a actividade coñecendo o conto de Vidal o sen ventura no kamishibai.

E rematamos plasmando nun gran cadro as ideas principais da historia de Vidal, posto que somos tod@s por igual.



E despedímonos facendo unha foto coa nosa preciosa obra de arte:


Séguenos