Contos con ioga na B.P.M. Poio
Actividade relaxante, practicando posturas de ioga coa cativada.Para rematar, coloreamos unhas mandalas.Namaste!
Actividade relaxante, practicando posturas de ioga coa cativada.Para rematar, coloreamos unhas mandalas.Namaste!

O venres 20 de setembro, estiveron con nós “Lolo e a Ratoa”.
“Tardes de Contos e Lendas” estivo protagonizado por “Marionetas Trécola”, que nos trouxeron diversión e unha historia moi especial. Facendo biblioteca…!!


Recibimos na Biblioteca a Antía, gañadora do Premio Fina Casalderrey de Igualdade, que leu o seu libro a un grupo de escolares que visitaron o centro.


Co gallo da volta á escola, e para facela un pouco máis lene a todas as nenas e todos os nenos de Brión, a biblioteca municipal organizou un serán musical a cargo de Luís Vallecillo, que presentou o seu espectáculo “Cantamos?”, unha entretida proposta de animación chea de divertidos números musicais de aire rock e blues en lingua galega para cantar, bailar, brincar e soñar. Ler máis →
O xoves 20 de setembro foron os cativos do Milladoiro os que puideron gozar da escoita de contos, de xogos de maxia, de cantar cancións e ata de imitar a animais da man de Manuel Solla e o seu espectáculo A maxia dos contos. 
O mércores 18 de setembro máis de 50 persoas entre grandes e cativos gozamos dun estupendo espectáculo da man de Manuel Solla no que escoitamos contos, cantamos cancións, xogamos a imitar aos animais e ata vimos maxia. Unha estupenda tarde!

O xoves 19 de setembro tivemos a sorte de que nos visitasen na biblioteca de Lorbé Pitusa Semifusa e a súa avoa, que nos ofreceron un concerto infantil no que nenas, nenos e maiores desfrutamos moito das cancións e a música cantando, batendo palmas, bailando, e mesmo formando un grupo musical. Unha sesión chea de música, ritmo e cancións orixinais coas que todas e todos aprendemos as familias dos intrumentos musicais: “vento ,corda, corda, vento e se fai <tatá, tontón> será a de percusión… ”


Este xoves, na biblioteca, tivemos a visita de David Ballesteros que amosounos como a maxia de Harry Potter ten unha base científica explicada a través dos seus experimentos.
Os nenos e nenas divertíronse moitísimo participando na realización destes experimentos e contestando ás respostas que David lles facía sobre as proxeccións do colexio, o sombreiro falador…

Esteban, de Tarabelos títeres e contacontos, contounos unha morea de novas fábulas facendo participar aos asistentes cunhas máscaras que os converteron nos protagonistas das historias.



Séguenos