Castelao con Fátima Fernández na Biblioteca de Meis

Con sensibilidade e grandes doses de humor Fátima falounos de Castelao e da vida … e de historias e contos de agora e de antes. O 26 de outubro fíxonos disfrutar nesta nova sesión do seu repertorio

Con sensibilidade e grandes doses de humor Fátima falounos de Castelao e da vida … e de historias e contos de agora e de antes. O 26 de outubro fíxonos disfrutar nesta nova sesión do seu repertorio
O contacontos de Soledad Felloza estivo xenial¡ Asistiron unhas 60 persoas de tódalas idades e disfrutamos todo@s moito coa actuación. Foi moi dinámica e amena, xa que adaptou moi ben as propostas ás características do público asistente, tamén divertida.
Durante estas últimas semanas no centro estivemos a traballar a temática do Samaín, das emocións e especialmente do medo a través de diferentes actividades, tanto de animación á lectura coma de ludoteca, polo que entroncou moi ben coa dinámica da actividade.
Día 23 de outubro de 2015 das 10 da mañá á 12 e media da noite, na biblioteca de Escairón
O día 24 celébrase o Día da Biblioteca, e na biblioteca decidimos adiantar a celebración ó venres e non pechar en todo o día.
Debido ó éxito acadado na edición anterior, collemos aire, e desde as 10 da mañá ata a ben pasada a medianoite tivemos un amplísimo surtido de actividades, empezando con visitas escolares durante toda a mañá.
Ás 10:15 chegou o primeiro dos 3 grupos de alumnos de infantil e primaria do colexio de Escairón que viñeron coñecer mellor a biblioteca como espello ou retrato do que é o noso concello (máis de 110 alumnos e 9 profesores e profesoras). Nesta visita aprenderon os pasos que segue un libro antes de formar parte do noso fondo cunha práctica de rexistro dun libro, que en breve aparecerán na selección de novidades do catálogo da biblioteca, e nun artigo específico do noso blog. Ademais aproveitamos para invitalos a participar nas actividades da tarde.
Tantas foron as ganas, que xa ó saír do cole, algúns quixeron vir para biblioteca aproveitando que non estaba pechada á hora do xantar.
Ás 17:00 seguiron as actividades con Xapón e origami, obradoiro de cociña ás 18:00 e merenda ás 19:00 antes da sesión de Contos do mundo, unha viaxe polo mundo a través dos contos a América Central da man de Solidariedade Internacional de Galicia ás 20:00 (do programa Ler conta moito). Durante esta sesión acabamos descubrindo que o animal máis perigoso de América central nada tan grande coma un felino ou unha serpe, senon un animaliño minúsculo: un mosquito! Sorprendémonos con alguna das historias desa zona do planeta que localizamos nun globo terráqueo.

Escoitamos atentamente os Contos do mundo, para facer unha viaxe polo mundo a través dos contos a América Central da man de Solidariedade Internacional de Galicia
Ás 21:00 logo dun pequeno tapeo para que a fame non acabara coas ganas de festa, aproveitamos a enerxía recén acumulada para unha sesión de xogos e obradoiros: xogamos ás cadeiras colaborativas (a solicitude popular por aclamación e porque o ano pasado gustaron tanto, tanto que quixeron repetir), construír un pequeno conto pop-up d’Os tres porquiños e o lobo, xogar cunha lámpada de plasma e un pequeño truco/experimento científico.
Ás 22:00 descansamos de exercicio coa sesión amenizada por Eduvía, Imos xogar con Filgueira Valverde (do programa Ler conta moito), un xogo con preguntas e probas, para o que se sortearon os equipos contando cada un cunha madriña adulta (porque non se presentaron padriños). Moitas risas e diversión, desde logo. E claro, o reparto do premio foi moi ben acollido porque os e as participantes eran amantes das lambonadas.

Con Eduvía, xogamos con Filgueira Valverde e aprendemos moito sobre este autor, rimos un montón e pasámolo moi ben
Ás 23:30 (máis tarde do previsto porque o xogo estaba moi entretido e o tempo pasou voando) continuamos cun obradoiro de manualidade científica e cun obradoiro poético guiado pola escritora Rhodea Blasón ás 00:00.
En resumo, un exitazo. E, igual que pasou o ano pasado, rematamos máis tarde do previsto porque ninguén quería marchar. Ata algúen propuxo quedar a durmir na biblioteca, pero como esqueceran traer saco de durmir, tiveron que ir durmir á casa. Xa veremos que pasa o ano que vén.
Día 2 de outubro de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para desatar a maxia e animar a participar na Noite na Biblitoeca do 23 de outubro coa que celebraremos o Día da Biblioteca (o 24 de outubro), convidamos a Leo Leíño a visitarnos.

Cunha música que xa anunciaba moitas cousas, apareceu Leo para deleitarnos coas súas historias de… turbantes? cordas máxicas? lume misterioso? Desde logo deixou a todo o público asistente, grandes e pequenos, altos e baixos, de pé, sentados e tirados polo chan, coa boca aberta.

Coa axuda da súa axudante Cristina, de primeiras xa vai e nos saca de ningures á coelliña de Indias Vermelliña!. Despois, resulta que tén unha corda que lle regalaron na India e que se pón tesa se todos os asistentes llo piden á vez. Non foi este o único animal que nos visitou: había unha nena que imitaba tan ben ós animais que ata poñía ovos coma as galiñas! Ou sería unha galiña imitadora que se disfrazou de nena?
Logo, no xogo do conto do Can branco, o can cambia de color non se sabe como porque o axudante non di ben as palabras máxicas, a axudante faino ben e o can volve ser branco, o axudante equivócase non sabemos en que e o can volve ser negro… Unha loucura de gargalladas. Ó final todo é un caos e o can branco acaba sendo un dálmata branco con puntiños negros.

Para maior asombro dos asistentes, o libro A viaxe ó centro da Terra de Xulio Verne, recén chegado da súa viaxe ó centro do noso planeta, que está cheo de lava ardente, non se pode ler porque ven tan quente que tan pronto se abre comeza a arder!
Non foi o único libro que nos amosou Leo. Outro que mercou para colorear resultou non ter debuxos, e despois de “colorealo con maxia” dixo que xa tiña os debuxos de cores, pero o público era moi incrédulo. Despois de todo o que viran e aínda non crían nela! Déulles nos morros: o libro si que estaba cheo de debuxos perfectamente coloreados.

Tantas cousas máxicas pasaron que quedou toda a biblioteca e asistentes cheos de maxia liberada que a maga recuperou para transformala en luz máxica da que alimentarse para poder seguir facendo maxia.

Pero algunha maxia quedou no aire para que os asistentes, dotados de variñas máxicas (agasallo por ter colaborado e terse comportado tan ben), practicaron a facer os seus propios trucos guiados por Leo: unha carta máxica (tamén agasallo de Leo) que cambia de número cando a xiras, e un bolígrafo máxico que debería facer desaparecer a súa tapa pero que o que fai é desaparecer el mesmo.
Moita risa, moito humor, moita diversión e moito asombro nesta espléndida sesión de maxia na biblioteca que rematamos acarñando a Vermelliña e cunha foto de despedida.

Estivo tan ben, que ata merecemos saír a todo color na prensa!
Recibimos na nosa biblioteca a Montse Rivera que traia unha proposta: que coñeceramos a roupa que empregaban os nosos devanceiros, que a probasemos e incluso que nos levasemos unha fot de recordo

Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente tivo lugar na Biblioteca de Carballiño o espectáculo de maxia “Ciencia Ilusión. A ilusión da ciencia”, espectáculo que mestura o misterio e a espontaneidade da maxia co poder da ciencia para lograr un único obxectivo: A ilusión.

O público foi moi variado, a pesar desta dificultade engadida, o artista adecuou a actividade ás distintas idades e conseguiu entreter e sorprender tanto a maiores coma ós nenos.

Álvaro Muras e Martín Camiña, aunan música e maxia para homenaxear a Filgueira Valverde e promocionar a animación á lectura
Interesante combinación de música e maxia para celebrar as Letras Galegas.
O 27 de marzo celebramos na Biblioteca Municipal de Poio o Día Internacional do Teatro, coa actuación especial do grupo Expresións Produccións, co seu espectáculo “Conto contigo”.Contos, maxia e monicreques estiveron presentes durante todo o programa.


Séguenos