


Moi ben o pasamos co Mago Paco!! É mago e non necesita palabras para movernos!!
O día 30 de maio , celebrando as Letras Galegas, puidemos contar coa visita especial de Amadeo, quen quixo contarnos as súas fazañas.
De feito, Amadeo trouxo o galiñeiro completiño ata a biblioteca de Coiro.
Divertida sesión de contacontos onde a través da figura dun xoven galo entramos de cheo no seu galiñeiro, accompañados de reproducións de sons de animais .
Ata outra e moita sorte Amadeo!



Partindo da lectura de contos, traballouse o respecto e a atención a prestar ós sentimentos e ó corpo d@s nen@s. Participativo nun ambiente moi confortable.
NENOS E MAIORES AXUDAMOS AOS ACTORES DO GRUPO AVENTEIRA A CAMBIALO CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA.
FOI UN CONTACONTOS MOI PARTICIPATIVO E ENTRETIDO.



Tivemos a sorte de poder celebrara as Letras Galegas coa actividade “Rúa Francisco Fernández del Riego”. Foi moi divertida e os cativos disfrutaron e aprederon moito.

Utilizando sombras chinesas, monicreques, teatro de xanelas e narración oral, Pablísimo contounos dunha forma moi orixinal e renovada contos tradicionais. Nenas-os e maiores disfrutamos ca actuación deste grande dos contos.



Cotos para bebes ,nesta ocasión cos bebés do club de lectura da biblioteca .
Foi unha activide na que se traballou moito o sensorial ,traballando con música,diferentes texturas e olores,sempre coa axuda de nais e pais .Rematamos cunha festa bailando e tocando todos
No marco das actividades do Padrón Literario realizamos este obradoiro de manga para público adolescente. Nel aprenderon a historia do manga, as suas personaxes, como debuxalas…


Séguenos