Sábados na biblioteca de Barro. O TESOURO


Moitas grazas a Raquel pola contada que nos fixo na Biblioteca Pública de Poio.
Ata pronto!

Na tarde do venres 15 de Septembro a Biblioteca Municipal de Viveiro contoú coa presenza de Yolanda Castaño. Esta coñocida escritora narrou para os asistentes a súa peripecia profesional, os obstáculos, prexuízos e conflictos que viviú na sua determinación de ser Muller, poeta, en galego e.. polo mundo!
Unha charla moi amena onde contounos como se sobrepuxo aos obstáculos, dificultades e actitudes patricarcais con enerxía e ata sentido do humor e onde deixounos ver a necesidade de seguir loitando pola emancipación femenina dende a esenza mesma da nosa literatura.
Na tardiña do sábado 16 investigamos da man de Andrea que foi da aviadora Amelia Earhart, unha das mulleres pioneiras nesta disciplina.
Nunha actividade moi divertida, as crianzas betanceiras divagaron sobre o seu paradeiro, construiron avións para emular as súas fazañas e recrearon finais alternativos á biografía dunha das mulleres máis valerosas da historia.

O xoves 14 de setembro, Magia en la Manga da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, representou un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual, a igualdade de xénero.

O venres 15 de setembro visitounos Caxoto para contarnos a historia do que pasou na granxa de Xan cando o galo non cantou e Xan quedou durmido e non se levantou para dar de comer ós animais. Divertida historia na que combina música, narración e títeres implicando ao público de todas as idades.

No día de hoxe achegouse Carlos ate a biblioteca de Mondariz-Balneario para contarnos cousiñas sobre o Mago de Oz e a ensinarnos a deseñar traxes intelixentes con sensores de luz.

Falounos dos libros de Harry Potter, do Señor dos aneis e incluso dos libros dixitais. Dende hoxe xa sabemos empregar a tecnoloxía e-textil nas nosas creacións!!!

Unha tarde ben divertida e apaixonate sobre tecnoloxía, creatividade e libros na biblio, NON SE PODE PEDIR MÁIS!!
O pasado 27 de agosto recibimos a visita do contacontos Pablo Sánchez (Pablísimo) co seu espetáculo “Príncipas e princesos” unha volta de 360 graos a os contos tradicionáis.
Agora os príncipes visten de rosa, limpan e lavan a roupa! E as princesas enfróntanse a temidos dragóns!
O público infantil e non tan infantil pasou unha tarde moi divertida, que non dubidarían en repetir.


O venres 15 de setembro na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas, os nenos de entre 8 e 12 anos puideron disfrutar de ” Robótica na biblioteca” impartida por Pablo Gimenez Fandiño. Unha interesante actividades que fomentou a súa creatividades e o seu interés pola ciencia e a tecnoloxia. E para demostrar os coñecementos adquiridos fixeron un robot!
O Mago Paco amósanos un espectáculo inspirado no mundo fantástico e divertido que teñen as nenas e nenos na súa cabeza, cheo de lugares asombrosos, extrañas personaxes, aventuras máxicas, milleiros de cores e enerxía se
n límites.


Séguenos