Un saco de contos nas bibliotecas de Cambre
A biblioteca municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) viviu o pasado venres unha estupenda tarde de contos con Ángeles Goás.

A biblioteca municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) viviu o pasado venres unha estupenda tarde de contos con Ángeles Goás.

O venres 22 coñecimos a verdadeira historia de Hamelin. Unha reinterpretación do conto clásico mesturando narración oral, clown, malabares… Unha oportunidade para coñecer os contos dende ouro puntos de vista
Este domingo 24 de setembro tivemos a gran sorte de cantar e bailar no “Conssertaso na Horta” que Brais das Hortas deu na biblioteca municipal de Catoira. Un espectáculo cheo de música, de reivindicación da nosa cultura, e con moitísimo humor.

Os máis nov@s da nosa Vila pasárono en grande con Leo, que coa axuda da música foi capaz de atraer a atención dun público tan pequeno.
Foi moi interesante ver, por unha banda a complicidade de Paula e os nen@s, para conseguir que participasen na actividade e pola outra a ledicia dos pais.
Moitas grazas!!

No día de onte, 22 de setembro o equipo de a nube de artear veu ensinarnos como facer robots coas pezas dos Lego. Faláronos das moitas funcións que actualmente fan os robots, trouxeron un dron e moito material para fabricar o noso propio robot. A cativada desfrutou moitísimo desta actividade e estamos desexando repetir.

Onte na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) non deixamos de cantar, bailar e rir grazas á visita de Paco Nogueiras coa sesión Brinca Vai! De aquí a acolá. Foi unha tarde estupenda!


O xoves 21 de setembro a rapazada que se achegou á biblioteca de Bertamiráns puido gozar dun ratiño de Lonxetodo que visitou a nosa biblioteca cunha maleta cargada de contos e música dos que desfrutamos un montón!

O pasado mércores 20 de setembro puidemos gozar dos contos dun dos ratiños de Lonxetodo na biblioteca do Milladoiro. Unha marabillosa tarde de narración para comezar este novo curso!!
Os máis pequenos da casa pasaron a tarde bailando e cantando na Biblioteca de Carral.
Patricia de Eduvía compartiu con nós versos e cancións.
Pasámolo xenial grandes e pequenos!!!!


Séguenos