KAMISHIBAI DEBULANDO LENDAS GALEGAS
Co motivo das Letras Galegas as nenas, nenos e maiores de Touro gozaron de KAMISHIBAI (Debulando lendas galegas) a tarde do venres.
Co motivo das Letras Galegas as nenas, nenos e maiores de Touro gozaron de KAMISHIBAI (Debulando lendas galegas) a tarde do venres.
Alba ensinou os nenos e nenas de Cabana de Bergantiños un obradoiro creativo para aprender a debuxar letras .

Nenos, nenas e maiores desfrutaron onte a tarde en Touro da Maleta da Avoa, protagonizada por Raquel Queizás. Foron contos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de tres anos con motivo da celebración das Letras Galegas.

Este luns 22 de maio na Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) tivemos un didáctico e creativo obradoiro de pintura, da man de Babaluva Teatro. As nenas e nenos participantes puideron coñecer a obra de mulleres artistas coma Maruxa Mallo, Sonia Delaunay ou a fotógrafa Ruth Matilda Anderson, para despois crear o seu propio autorretrato. Foi unha tarde na biblioteca chea de imaxinación e moito arte!!.

O venres 26 de maio , Carmen Domech presentounos a obra de Picasso dende os seus primeiros debuxos na súa infancia na Coruña, ata os cadros da sús etapa cubista. Foi unha actividade na que as personaxes dos cadros tomaban vida. Remataba a sesión creando os nenos participantes a propia galería de cadros para a nosa biblioteca.




Manuel Solla pasou por Vilanova de Arousa o domingo 21 de maio para encher as inmediacións da Biblioteca Pública Municipal Irmáns Camba de familias.
Continuando coa programación da semana das Letras Galegas 2023, esta actividade cumpliu co obxectivo de seguir contaxiando aos cativos co gusto pola lectura.

O pasado sábado 20 de abril, a compañía teatral Trémola aterrou na Biblioteca Municipal da Estrada co seu espectáculo «Leo e as cores», destinada a nenos e nenas de entre cero e tres anos.
Paula presentounos ao león Leo, e este aos seus amigos, que se embarcaron nunha aventura onde predomina o aspecto lúdico, con música, cancións, xogos e diversión, facendo partícipes aos nenos e nenas, que en varios puntos do espectáculo teñen que axudar a Leo e aos seus amigos, ao tempo que aprenden e repasan as cores.


Onte día 23 de maio visitounos Pablo co seu contacontos “O PAROLEIRO” que fixo as delicias dos nenos asistentes
Esta actividade realizouse o pasado venres, 19 de maio en Bergondo.
Os participantes gozaron na actividade e sairon co seu propio conto!


Actuación moi participativa e educativa ,con contos moi ben escollidos sobre a igualdade e que logrou a participacion e implicación de nen@s e maiores.




Séguenos