Vanessa contounos contos de paxariños
Pola biblioteca de Ares, achegouse Vanesa contando contos de paxariños para animar a Pepe a saír do seu ovo……..
Unha tarde estupenda!

Pola biblioteca de Ares, achegouse Vanesa contando contos de paxariños para animar a Pepe a saír do seu ovo……..
Unha tarde estupenda!

Dentro das actividades programadas na semana do 8M recebemos a visita de Carmen Domech e o seu espectáculo “A carteira de Augasclaras”, deseñado para sensibilizar sobre a igualdade e a violencia de xénero. Basado en contos de Adela Turin e Nella Bosnia a audiencia pasou grandes momentos nun espectáculo que destaca pola calidade dos seus títeres.

María Faltri animou a festa friqui do barrio de Conxo. Nesa xornada adicada ó fomento da banda deseñada conseguiu que a rapazada, a maior parte caracterizados como super heroes, perdesen a vergonza e danzasen con ela. Unha mañá de moito colorido na que esa colleita musical foi toda una pilula anímica para o comezo do outono.


O pasado 29 de outubro Lucho Penabalde e Tero Rodríguez, Os Quinquilláns, chegaron a Vilanova co obxectivo de facer pasar unha boa tarde a todo o público, infantil e adulto, que encheu a Pastoriza (tivo que trasladarse esta actividade da Biblioteca Municipal Irmáns Camba a esta debido á gran afluencia de participantes).
Os Quinquilláns levaron a cabo un obradoiro teatral baseado na “Fábula do Espantallo Amigo” do autor Xosé Neira Vilas no que todas as persoas puideron participar activamente da representación dun espectáculo musical que ensina valores e ensinanzas variadas e promove ao mesmo tempo o uso do idioma galego.

Unha actividade coa que se deu coñecer e visibilizou o traballo de grandes pintoras coma Maruxa Mallo, Menchu Lamas, Remedios Varo…
A actividade consistiu nunha breve explicación sobre que son as cores e como se producen, mentres visualizamos as obras máis representativas de estas mulleres.
esión de contacontos para a infancia na que se pon atención na respiración, nas posturas de ioga e na creatividade para, entre todas as crianzas participantes, contar a historia coa voz, co corpo e coa iMaxinación. 
1º Galicia Ilusiona coa Maxia do mago Pedro Bugarín! espectáculo emocionante, versátil e sempre en clave de humor que mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. Non deixará indiferente a ninguén.
Destacar que a simpatía do artista foi moi importante para o espectáculo que contou con moita diversión e risas por parte do publico asistente.
Xavier Muro trouxo o seu espectáculo de maxia á biblioteca tudense, baseado no azar das letras e as palabras, nos nomes dos participantes, a partir dos cales foi creando o seu xogo de maxia que encantou a grandes e pequenos.



A B.P.M. de Carballedo organizou no Campamento de Verán municipal unha sesión de contacontos pola igualdade coa finalidade de rachar estereotipos.
A B.P.M. de Carballedo organizou no C.E.I.P. Xosé Luis Taboada de A Barrela o contacontos “Fantasías de papel” a cargo de Fatima Fernández Gómez.
Tanto as alumnas e alumnos como o profesorado pasárono moi ben con unha chea de contos.


Quedamos todos encantados!!!


Séguenos