Fazulas na ALM de Coiro. Bandullo Azul
O martes 25, celebrando o Día do Libro, na biblioteca de Coiro estivemos encantados de contar cunha visita especial; Fazulas o ladrón de paraugas fixo unha parada na súa viaxe.
Entretida sesión de contacontos para pasar unha tarde en familia. Fazulas agarrado ao seu paraugas emprende unha viaxe e vai preguntando a distintos persoaxes sobre a cor do vento.
A través de paraugas de cores ensinanos valores sobre a igualdade, a tolerancia, a empatía…
Música e conto para descubrir de que cor é o vento.






Un dez!
Como sempre non defrauda e logra que os nenos e nenas esten atentos e implicados durante toda a actividade que sempre amosa a súa parte didactica de amor a natureza.




Este sábado, co gallo do Día do Libro, a Biblioteca Municipal programou a actividade “Garavanciña e o esquío. Musicar un conto” con Babaluva Teatro. Foi un espectáculo moi participativo e dinámico tanto para nenos como para adultos. Unha moi agradable experiencia participar en musicar un conto da man de Mirari Urruzola.




Séguenos