Caxoto visita Padrón no Mes do Libro

p

p
O Venres 28 de abril tivemos a visita da ratiña Lilly, que viña dende Lonxedetodo para contarnos unhas historias moi tiernas. No seu xardín, turelí. Hai un noño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos mostra, naza un paxariño. E fará o imposible para que naza de mellor maneira posible. iso faino con musica, con contos que cautivaron a todos os nenos e nenas que participaron da actividade.


Hoxe venres tivemos unha sesión de contos e maxia na Biblioteca Municipal de Chantada, con O mago Paco.

Da man destas dúas aventureiras fomos coñecendo os personaxes de coñecidos contos como “11 damas atrevidas”, “Teresa non quere ser princesa”, “Bieito e o seu carriño”, “Unllas de cores” e “Monstro Rosa” e xuntos descubrimos un gran tesouro, que somos diferentes e isto é o máis divertido.



UN DÍA DE LEDICIA PARA @S ASISTENTES A ESTA ACTIVIDADE DESFRUTANDO DO CONTO DA GARVANCIÑA E CON MOITA PARTICIPACION
Onte puidemos disfrutar da función do Mago Marco no Centro Cultural Xaime Illa.
A proposta de Marco é a maxia clásica adaptada aos nosos tempos.
O mércores 26, para celebrar o Día do Libro estivo na biblioteca de Darbo Celtia Figueiras de A xanela do maxín co seu espectáculo “Lúa quere viaxar….a Marte!”
En Darbo xa coñecíamos a Lúa, pois visitounos o ano pasado co contacontos “U-la Lúa”, e xa que a historia continuaba, non nos quixemos perder as novas aventuras de Lúa tras percorrer o mundo.
Nesta ocasión, a gatiña Lúa quere ser astroanauta e viaxar a Marte, máis non contará co apoio das súas amizades e familia, que lle dirán que non o conseguirá. Sen embargo, tras moito esforzo, consegue superar as probas da “Gatanasa” e así cumprir o seu soño. Lúa demostrounos a todos e todas que se nos esforzamos conseguiremos todo o que nos propoñamos.

Sole visitounos cunha maleta que esta chea de contos, vai a todos os lados con ela. Nos reimos, xogamos e pasamolo ben cos contos da maleta de Sole.

O venres 21 de abril na Biblioteca Pública do Barco celebramos o día do libro ca visita Justa Kamishibai, coa representación dos Nortis e os libros sen título. Os Nortis son unhas personaxes que habitan na dimensión da creatividade e a través dos libros axudan ós nenos e nenas a despertar a sua imaxinación





Séguenos