Obradoiro científico para pequenos heroes na ALM de Buxantes (Dumbría)
Este pasado sábado recibimos na biblioteca de Buxantes un obradoiro científico ben curioso.
Héroes para la ciencia achegounos unha morea de experimentos, permitindo que todas as persoas asistentes partipasen activamente.
Unha tarde de chuvia ben interesante!










O pasado mércores pasamos un rato moi divertido en Foz con Tarabelos e a súa obra “Contos nunha roda: Manuela e Manuel”. A través dun teatriño ilustrado, dunha roda e de Esteban, gran contador de historias, a picaraxada disfrutou dunha tarde moi amena cos protagonistas, Manuel e Manuela, un conto pola igualdade deseñada para romper estereotipos. Unha actividade dinámica na que o público participa e interactúa cos personaxes. Ao final da sesión, Esteban permitiu acercarse ao monicreque que tanto interés despertan sempre entre os/as máis pequenos/as.





Séguenos