En Parada de Sil disfrutamos do Obradoiro Creativo de Escola das Utopías
Un obradoiro creativo para contar os nosos contos en Parada de Sil
Escola das Utopías realizou un obradoiro didáctico e ameno para os rapaces que asistiron. Elaboraron un conto con materiais reciclables: fixeron un marco de cartón cun plástico na parte central onde escribirían o conto cun rotulador que lle deron. No marco pegaron follas, papel de seda, un cogumelo máxico e un trasgo feito con tecidos polos nenos.
Con este obradoiro os cativos asistentes coñeceron un pouco máis o mundo dos seres mitolóxicos e dos bosques de Galicia.
Grazas Escola das Utopías polo bó rato que pasamos!





















CIENCIA EN MOVEMENTO : S.O.S. Á TERRA












Séguenos