Contos animados hoxe en Esgos

Hoxe a praza de Esgos encheuse de animais cos “Contos Animados”.
Tivemos que trasladar o contacontos á praza porque non dispoñemos de espazo para todos os nenos e nenas que acudiron.

Hoxe a praza de Esgos encheuse de animais cos “Contos Animados”.
Tivemos que trasladar o contacontos á praza porque non dispoñemos de espazo para todos os nenos e nenas que acudiron.
O día 03/08/2022 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade: comeza explicando que todas as persoas poden contar unha historia, que non ten porque ser real. Así vai falando con diferentes participantes, a cada un/ha deles consegue que lles relate unha historia inventada, a través das preguntas que lles vai facendo. Historias que se volven divertidas, e que todos son capaces de narrar.
En todo momento tratase dunha actividade interactiva na que o artista pregunta e fala cos nenos e nenas sobre as historias que van xurdindo. O importante é a palabra e narración de feitos e que todas as persoas somos capaces de facelo.
A actuación comezou ás 11.00 h e rematou ás 12.00 h; acudiron un total de 36 persoas: 29 nenos e 7 nenas dende os 7 anos ata os 13 anos de idade.


Quen nos quere é quen nos coida e nos respecta. Contacontos para apreciar a afectividade san. Moi interesante.

Sesión divertida e moi didáctica. Un exemplo de ensinanza da reciclaxe.

Contos de animais para concienciar sobre as consecuencias do cambio climático. Moi impactante.

Este luns, 1 de agosto, Carmen Domech fixo pasar unha boa mañá a rapazada de Portosín.

O PASADO XOVES 28 DE XULLO TITERES CACHIRULO REPRESENTOU NA PRAZA DO CONCELLO QUE ESTA ENFRENTE DA BIBLIOTECA A OBRA “A CABEZA DO DRAGON”
OS PEQUENOS E AS SUAS FAMILIAS PASARONO EN GRANDE COAS AVENTURAS DO PRINCIPE VERDEMAR.



Contos, cancións e rimas nunha sesión divertidísima para @s máis pequen@s.
Outro luns, outro obradoiro. Os rapaces de Celanova participando noutro obradoiro da biblioteca
O artista Manuel Solla amosou á rapazada de Aranga como a des-igualdade se trata habitualmente como algo normal.

O pasado venres 29 de xullo efectuou o eu espectáculo Iguais e diferentes. No que empregando contos tradicionais e trucos de ilusionismo. Fixo ver á cativada presente, que o feito de que se leven facendo as cousas dun xeito durante toda a vida , non significa que sexa como se debe facer.
Nin facer a comida é cousa de mulleres, nin é tan sinxelo como aparenta; nin as actividades que os contos nos contan de xeito estereotipado, teñen que seguir contándose para manter as súas morais así. A actuación fixo ver ós/ás maiores presentes que, afortunadamente, a xuventude vai progresando positivamente neste eido.


Séguenos