Actuación de Lidia Botana e Marta Figueirido con “Diario de dúas músicas do s.XXI” en Panton


LEO LEIÑO PRESENTOU EN IRIXOA Pola Igualdade dende a maxia
O pasado día 8 de xullo Leo Leíño visitou Irixoa. Nun campamento de verán a través da maxia explicoulle ás nenas e aos nenos que homes e mulleres temos os mesmos dereitos e obrigas. Díronlle a coñecer a mulleres que loitaron polos dereitos. Falaron tamén de bullyng, violencia, xenofobia, e grazas a
maxia intentaron que destas cousas malas xurdira a igualdade e a tolerancia.
O día 06/07/2022 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade: comeza presentando aos personaxes Manuel e Manuela e contando como son e o que lles gusta facer, remarcando os estereotipos de xénero. A continuación, e como se foran segredos dos protagonistas vai descubrindo os verdadeiros Manuel e Manuela, ao que lles gusta xogar, como son, a que teñen medo ou non, etc. rompendo con ditos estereotipos.
En todo momento tratase dunha actividade interactiva na que o artista pregunta e fala cos nenos e nenas sobre os personaxes e se están de acordo ou non coas súas formulacións.
A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.30 h; acudiron un total de 43 persoas: 23 nenos e 20 nenas dende os 6 anos ata os 13 anos de idade.

O xoves, 7 de xullo, recibimos a visita de A xanela da Maxín, que nos entretivo contando a historia da intrépida Lúa, unha gatiña que loitou por facer realidade o seu soño de poder viaxar a Marte. Unha historia moi divertida que contribúe a fomentar a igualdade entre homes e mulleres.
O martes 5 de xullo estivo Olga Abad cunha chea de contos.




O pasado xoves día 30 de xuño, o espazo do proxecto “A Biblioteca de Verán da Bola” acolleu a festiña da peque disco Moc Moc que nos fixo cantar e bailar, ademáis de disfrutar de divertidos e sorprendentes xogos malabares dun clown moi molón. Crianzas e maiores pasamos unha xornada moi divertida e con moita música!

O mércores 30 de xuño disfrutamos do primeiro conta contos.
Viaxe a Guatemala por medio dos cinco sentidos, actividade participativa e dinámica. Destaca pola súa orixinalidade en contar a historia e a súa parte didáctica na que as nen@s aprenden cousas típicas de Guatemala.




Séguenos