Rosa e Azul- BPM de Oroso
O pasado sábado 24 os amigos de Pérez&Fernández visitaron a BPM de Oroso para compartir con nós un montón de contos que tiñan como eixe común o amor, o respeto, a tolerancia e a diversidade.

O pasado sábado 24 os amigos de Pérez&Fernández visitaron a BPM de Oroso para compartir con nós un montón de contos que tiñan como eixe común o amor, o respeto, a tolerancia e a diversidade.

O Día Internacional da Lingua de Signos tivemos un contacontos moi especial na biblioteca. Moitas grazas, ContAZ
Actividade para pequenos e grandes, na que se interactúa coas actrices, dinámica e participativa. Introdúcenos ó mundo da lingua de Signos dun xeito lúdico.
Unha actividade inclusiva, na que se desfruta e se aprende a partes iguais. O conto fomenta valores, tales como, a amizade, o perdón, ou a empatia entre outros moitos.

Despois de moito tempo sen recibir a súa visita, ao fin estes “ratos de biblioteca” puideron regresar a Sarria.

Volveron cargados de contos e aventuras para compartir cos nenos e nenas, e tamén cos pais e nais que nos acompañaron o pasado venres.

Os ratiños cantaron moitas cancións e fixeron algunhas travesuras, sobre todo o Ratiño Pillo que non paraba de querer comer bocatas e de estropear o regalo que estaban facendo para a súa amiga Lili. Menos mal que o público lle dicía como tiña que comportarse!

A biblioteca de Sarria despide a estes ratos un ano máis, agardando que volvan pronto, e así poder falarlles de todos os nenos novos que visitan a nosa biblioteca gracias a eles.
O venres 23 tivemos a visita de Charo Pita, con este espectáculo para nenos e nenas de ata 3 anos, combinando a narración oral e a música para axudar a un primeiro contacto dos máis pequenos coa lectura e a interactuar con pais e nais nesta experiencia lectora.

Charo Pita na BPM do Grilo
Gran espectáculo do mago Pedro Bugarín que nos ofreceu un espectáculo de maxia con xogos espectaculares e novidosos. A xente disfrutou moito da actuación!

Óscar Fernández, da compañía “Magia en la manga” de Carlos Tomico Pérez, actuou o venres 23 de setembro no salón de actos da biblioteca e casa da cultura do concello de Monforte de Lemos. Foron 50 minutos nos que os rapaces , máis de cen, disfrutaron cos seus números de maxia. Panos que cambian de cor, cordas que rompen e volven a estar enteiras, cartas da baralla máxicas e un sinfin de trucos nos que solicita a colaboración de axudantes facendo ao público partícipe dos mesmos.
Xa agardamos a seguinte actuación.

Onte achegouse á nosa biblio Tarabelos e, con el ,unha morea de contos enriba dunha roda.
Fermosa actividade para tentar rachar cos estereotipos de xénero que, tanto na vida diaria coma nas historias que escoitamos, están sempre presentes.
Recomendado!

O pasado xoves, na biblio de Berdeogas, tivemos un obradoiro científico do máis interesante.
S.O.S. A Terra: Propiedades da auga, foi a escusa perfecta para pasalo ben, experimentar e buscar nos nosos andeis moitos libros para seguir desfrutando e aprendendo.
Interesante!

O pasado mércores visitounos Fran Amil coa súa música na biblioteca de Dumbría, nas instalacións municipais do Conco.
Coma en tódalas súas visitas, pequenos e grandes acabamos cantando e bailando a todo ritmo.
Encantounos!



Séguenos