O mago Paco, co seu espectáculo “HOCUS POCUS”, trouxo ata a praza do Concello a maxia e o ilusionismo






O venres 10 de xuño a Biblioteca pública municipal “P. M. Martínez Ferro” estivo chea de familias que viñeron á actividade de contos e maxia do Mago Paco. Como é habitual cando nos visita houbo moita participación da rapazada que non quixo perderse esta fantástica proposta que lles fixemos desde a biblioteca municipal e onde a diversión estaba asegurada.
O luns 13 de xuño, a Biblioteca Municipal de Paradela acolleu un obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés. Participaron 21 nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe San Miguel de Paradela. Coñeceron a María Sibylla Merian (1647-1717), científica destacada polas suas observacións e descripcións, con ilustracións propias, da metamorfose das bolboretas. Posteriormente, debuxaron a súa superheroína particular. Ao final da actividade, cada un dos participantes levou un certificado de asistencia.
Os participantes elaborando os seus carteis cas súas superheroínas, na Biblioteca.
3. Os participantes xa rematado o obradoiro no exterior do centro.
As súas superheroínas estarán expostas no centro.
O obradoiro de Robótica educativa desenvolveuse o 10 de xuño na Biblioteca Municipal do Pereiro cunha asistencia de 26 nenos e nenas de entre 6 e 11 anos que pasaron unha divertida tarde realizando robots con pezas de lego!

Montando unhas pezas sobre outras foron aprendendo sobre os usos da robótica na actualidade e en que aspectos da vida cotiá está presente, incluso sen darnos conta! Ademais aprenderon como funciona unha impresora 3D e que cousas tan importantes se poden crear e se crearán no futuro. Para finalizar a tarde viron como se despega un dron e para que cousas, ademais de lúdicas, se pode empregar.

En definitiva, pasárono en grande e aprenderon unha morea de cousas!


Antía Yáñez, caracterizada de policía, precisa da axuda do grupo de nenos e nenas que decidiron achegarse á biblioteca para resolver un misterioso asasinato. Os e as grandes lectores e lectoras acadáronno!

As familias de Rois atoparon na biblioteca un espazo para aprender divertíndose, e moito moito, sobre as Letras Galegas, o seu percorrido histórico e o autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado.

Xogos en equipo, probas do máis inverosímiles, cantos e debuxos, fixeron da biblioteca un espacio de aprendizaxe e distensión.
Ata a próxima!
O venres chegou Magin Blanco Garcia a Tirán co seu espectáculo O QUE LEVAMOS NAS MALETAS para enchernos de cancións relacionadas co son das palabras. Non faltaron éxitos como Rosalía Pequeniña e Os Bolechas Chegan a Moaña.


O grupo “Magia en la Manga” fíxonos pasar un bo rato cos seus trucos de maxia ao mesmo tempo que facía un recordatorio das mulleres magas pioneiras nesta arte.
Os Monicreques de Kukas representaron en Lugo a súa obra “Xan Perillán e a maleta máxica”. O protagonista, Xan Perillán, contou coa axuda da rapazada para organizar a súa viaxe a Pernambuco. Unha organización que resultou do máis divertida para pequenos e maiores.
Un espectáculo de gran calidade!



Onte contamos con Celtia Figueiras, de A Xanela Do Maxín que nos deleitou coa historia da gatiña Lúa e a súa loita por conseguir os seus soños… Marabilloso relato que encandilou a nen@s e maiores!





Séguenos