Mundos contados .A. L. M. Escarabote
Actividade de dinamización da lectura mediante representacion teatral . Enorme Marta Rios
. 

Actividade de dinamización da lectura mediante representacion teatral . Enorme Marta Rios
. 

Continuamos coa programación de Ler conta Moito 2022!

Para celebrar o inicio do curso escolar o pasado venres 16 de setembro estivo con nós en Pazos de Borbén PACO CERDEIRA “PAKOLAS“ acompañado de RAMONA ÓRBITA coa súa máquina do tempo coa que nos fixo viaxar ao futuro e ao pasado para procurar tecnoloxía que nos permitira crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas.
Con boa música e excelentes cancións interpretadas por Pakolas viaxamos á prehistoria onde coñecemos a Manolo Cavernario e xantamos churrasco de mamut; visitamos a Leonardo Da Vinci no Renacemento; estivemos tamén co faraón Ramsés en Exipto e visitamos moitos mais lugares onde descubrimos moitas cousas interesantes.
Estivo con “Ramona Órbita” e “Pakolas” todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira, ademáis dos usuarios da Asociación ASPAVI acompañados dos seus mestres e monitores; e podemos garantizar que todos os asistentes o pasaron moi, pero que moi ben.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do evento.

O espectáculo “A Festa dos Monicreques” fixo as delicias dos compoñentes do obradoiro de memoria da Biblioteca Pública de Moeche. Moitas risas ao fío das peripecias de Barriga Verde e demais personaxes, e moitas lembranzas da infancia, cando ela viña xa a Moeche “nas timbecadas” de feiras e festas, que remataban así: “Morreu o demo, acabouse a peseta”.
Larraitz Urruzola, a artista, na súa liña da calidade de sempre.
Este venres visitounos Santy Gutiérrez para axudarnos a realizar unha cómic dende cero. Grande e pequenos aprendimos cómo é un guión para realizar unha banda deseñada e como facer a nosa páxina con distintas vistas e recursos da novena arte. E para rematar puidemos levarnos o noso traballo como base para seguir avanzando na historia.
A Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre acolleu este venres, 16 de setembro, o espectáculo “O paroleiro” a cargo da compañía Os Contos de Pablísimo. O paroleiro, apoiandose en distintas técnicas e estilos, enredou ao público infantil e familiar cun feixe de divertidas historias, ofrecendo unha sesión memorable.

Onte tivemos unha tarde moi animada grazas a Polo correo do vento.Deica a próxima visita…
A rapazada de Cambre recibiu este xoves 15 de setembro -ás 17:30 horas- a visita do Principiño para abrir a programación de actividades de animación á lectura deste curso que comeza.
A sesión, realizada na Biblioteca Municipal Os Templarios, consistiu nun contacontos teatralizado, a cargo de Raquel Galavís. O Principiño en Madagascar combina a narración oral coa proxección de pezas documentais que introducen a nenas e nenos na cultura malgaxe, na paisaxe e nas vicisitudes das xentes daquel país. A tenrura das súas historias logrou contaxiar a todas as persoas presentes, convidando á emoción da lectura.




Gran participación de nenos/as nesta actuación de “polo correo do vento”. Encantados pola música e recital destes artistas.


O xoves 8 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Fran Rei coa obra “Superheroe”, un espectáculo de narración familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Trátase dunha obra moi entretida con argumento moi peculiar. En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.



Séguenos