Comezamos a programación de Ler conta moito 2022, coa visita de Xoán Curiel. Celebramos o día das Letras Galegas por todo o alto cantando e bailando con Xoán !! A cativada desfrutou moito en compañía dos seus Mestres e persoal da biblioteca. Grazas Xoán pola túa visita e implicación!
O pasado 16 de Maio, celebramos con “Contos e Acordeóns” o Día das nosas Letras, na Biblioteca Municipal de Corcubión. Contamos, cantamos e bailamos con moitos rapaces e familias que se achegaron ata aquí.
Unha mañá moi entretida!!
Contos: “Paco”, “Nicomedes o pelado”, “Onde viven os monstros”, etc…. Todos eles, están no noso Catálogo da RBG.

Paco Nogueiras cantou e interpretou para o público asistente o seu album “Extra”. Actividade gratuíta realizada no Chao da Viña dentro do programa das Letras Galegas 2022 organizado polo Concello de Irixoa.
EXTRA! é un espectáculo baseado no Libro-CD “Extra!, un xornal musical no que Paco Nogueiras canta noticias e o público bailaas. Ritmos modernos e pagadizos nos que o autor convidou ao público a participar, fomentou a igualdade entre homes e mulleres, as nenas e os nenos e animou á lectura.
Aínda que o espectáculo non se realizou na biblioteca estivo en todo momento vinculada a ela, animando ao público participante a que se achegara a biblioteca. No lugar de celebración había unha selección de libros para que o público asistente coñecera parte do fondo co que conta a biblioteca.


Co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura de Florencio Delgado Gurriarán, tivemos na Fonsagrada o espectáculo “Vendimando versos” de Sole Felloza. Esta representación de versos e crónicas xira ao redor da obra e vida deste escritor valdeorrés. Embarcamonos nunha viaxe dende o Barco de Valdeorras ata México. Coñecemos unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente.
O pasado venres 13 visitounos na biblioteca municipal de Vilalba Olga Abad co seu espectáculo “A biblioteca que viaxaba no tempo” criado para usuarias de entre 0 e 4 anos. A través da narración e apoiada en títeres de papel contounos a historia dunha pequena vila á que un día chega unha empresa constructora coa intención de transformala nunha cidade chea de xente triste. Será nos libros máis antigos da biblioteca onde atoparán as claves para devolverlle a alegría á xente.

Momento da representación do pasado venres
O pasado venres 13 de maio, tivo lugar o obradoiro “Conto máxico” da Escola das Utopías, como parte da programación das Letras Galegas. Neste, elaboraron un conto con materiais reciclables: fixeron un marco de cartón cun plástico na parte central onde escribirían o conto cun rotulador que lle deron. No marco pegaron follas, papel de seda, unha seta e un gnomo feito con telas polos nen@s, … . Con este obradoiro as nenas e nenos asistentes introducíronse no mundo da mitoloxía e dos bosques galegos.





A Biblioteca de Quiroga, acolleu onte o contacontos ” O León azul” a cargo de Trécola Teatro. Parabéns ás actrices , o público gozou dunha interesante e divertida actividade, que a través do conto transmite importantes valores.
Pasamos unha tarde divertida na ALM de Tirán con MARÍA DA PONTRAGHA e as súas historias de camiños.

Comezamos a programación de Ler conta moito 2022, con moitas ganas e coa visita de Luis Vallecillo e o seu concerto “Cantares das letras”.
Fixemos toda unha festa para celebrar o día das Letras Galegas, cantamos. aprendemos, xogamos e bailamos pero sobretodo pasamos un rato divertidísimo coas cancións e o humor de Luis, todo un profesinal e gran músico ademais dunha gran persoa !
Grazas Luis pola túa vistita!


Xincana con trece estacións sobre a figura do escritor homenaxeado nas Letras Galegas, ben estruturada e axeitada para nenos/as a partir de 10 anos.




Séguenos