“Pes de lobo” chegou a Tui
Este mércores visitounos Anxo Moure co seu espectáculo “Pes de lobo” onde nos mostrou pequenos e grandes xestos cos que salvar o bosque.

Este mércores visitounos Anxo Moure co seu espectáculo “Pes de lobo” onde nos mostrou pequenos e grandes xestos cos que salvar o bosque.


Onte Niko dirixiu un obradoiro no que as crianzas, tanto de modo individual como en grupo, aprenderon a facer trucos de maxia con obxectos cotiás, a ilusión incrementouse cando souberon que os podían levar para seguir practicando nas súas casas.


Onte unha tarde rematadamente divertida onde todos disfrutamos das cancións e contos interpretados polo xenial Pablo Díaz.



O mago Paco presentounos na tarde de onte na biblioteca os seus xogos de maxia divertida. Tanto pequen@s como maiores disfrutaron moito do espectáculo, grazas por esta tarde chea de emocións e de seguro que repetiremos moi pronto outro espectáculo de ilusionismo.

Na ALM de Coiro andamos en busca de Lúa, unha gatiña que quere descubrir mundo e atopar amig@s porque a gatiña Lúa vive soa coa súa avoa. Lúa soña con coñecer mundo e decide marchar da súa casa…
A gatiña Lúa ensinaralle aos nen@s que nunca hai que deixar de soñar.
Tarde divertida de contacontos teatralizado onde os nen@ puideron participar na historia.U-la Lúa?

Foi unha tarde moi educativa e entretida, os rapac@s participaron activamente programando na tablet e facendo robots con luces e pezas de lego; dúas horas moi productivas e intensas.
Moi adecuada para bebés,con ritmo,relaxación ,xogos visuais e diferentes materiais.
un nivel moi alto na posta en escena
conseguiuse que a actividade entretera os nenos e nenas case unha hora




Na tarde do venres 24 de setembro no Rosal, visitounos “Tropa de trapo” con “Contos de nenas grandes e pequenas, narrando cos contos aventuras de nenas guerreiras que demostran que a igualdade e un feito no que as nenas se sinten afeitas a todo tipo de cousas, traballos, actividades, etc……
Moi indicado para tratar a igualdade
Este sábado 2 de outubro puidemos coñecer da man dunha peculiar compañía de teatro, algúns clásicos do Século de Ouro. Un repaso pola maneira de escribir e facer teatro daquela época



Séguenos