A MALETA
Contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega. Narracións teatralizadas acompañadas de elementos visuais. Sesión acompañada deun pequeno obradoiro.

Contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega. Narracións teatralizadas acompañadas de elementos visuais. Sesión acompañada deun pequeno obradoiro.

O sábado 23 de abril na sala infantil da biblioteca municipal do Concello de Chantada, tivemos a actuación de Elisa e Ian para celebrar o Día do Libro.
Tanto nenos como maiores gozaron moito dunha actividade participativa na que a través dos contos nos amosaron varios trucos de maxia e sombras chinesas.



Clausuramos a programación con motivo do día do libro con Teatro Gazafelhos en Caión. Unha tarde divertida e moi participativa ao par que aprendemos un pouco sobre a historia. Diversión tanto para nenos e nenas coma para adultos.

O xoves 21 de abril celebramos a semana do libro con Cristina Collazo e “A Alquimista” na Biblioteca de Paiosaco. Unha tarde de ciencia, música e contos.
O grupo de Infantil do Ceip Rosalía de Castro de Bóveda participou na actividade “O conto estrelado” de
Miguel Casado para commemorar o día do libro.




Aprendendo a debuxar comics e sobre a historia dos mesmos celebraron o día do libro o alumnado de 1º e 2º ciclo de E.P. do ceip Rosalía de Castro de bóveda acompañados de Daniel e Iria de estudio Gnomo.
A rapazada de 5º e 6º curso de E.P. do Ceip Rosalía de Castro de Bóveda disfrutou dun interesante obradoiro de radio: RADIOCONTADA con Sergio Pascual Espinilla para celebrar o día do libro.


Este venres, na Biblioteca Pública de A Fonsagrada tivemos o pracer de celebrar con Fran Amil, o Día do Libro. Os máis pequenos puideron desfrutar desta actividade que mezclou de maneira moi orixinal a música cos contos. A actuación de “Contos de Chuches a mil”, do programa Ler Conta Moito, encantoulles ao nenos e tamén ás familias.

Cunha función adicada a nenos e nenas de 0 a 3 anos, Pablo Díaz acompañounos con contos e música.
Lúa, lúa , lúa..
todos atentos ós contos ata que chegou a música e tocou bailar ó son da guitarrra. Un dez para Pablo !!!!
Onte, pasamos unha tardiña ben divertida con contos de Lúa.
Lúa tiña problemas……


Pero todo se resolve pronto, coa axuda dos nosos pequenos.
Un contacontos moi divertido e aconsellable para publico familiar.


Séguenos