LER CONTA MOITO, NO DÍA DA ASTRONOMÍA EN BARRO. MIRANDO AO CEO


elle un vistazo a estas webs seguro que atopades moitas curiosidades.


elle un vistazo a estas webs seguro que atopades moitas curiosidades.En “Tardes de Contos e Lendas” desfrutamos da actuación do grupo “Rigoletto Teatro”. O pasado venres 8 de outubro, foi unha tarde de lecer en boa compañíA. FACENDO BIBLIOTECA!

Marta Ortiz amosounos o sábado unha Galicia máxica chea de contos, de lendas, de sons…
Encantounos!

O pasado venres asistimos na biblio de Berdeogas á actuación de Marta Ortiz.
Coseu, contou e cantou, todo nun.
Gustounos moito!

Mirade que boa ducha se deu Minia!! Foi no Ler Conta Moito de Quintela con Mirari Urruzola de Babaluva teatro. No evento contamos con intérpretes en lingua de signos da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia XOGA.


Concerto de PAKOLAS “Rockeamos todas con Pakolas”
Espectáculo de carácter familiar protagonizado polas mulleres que inspiran as cancións de PAKOLAS das que conta diferentes historias de superación que teñen que ver coa desigualdade, a loita pola liberdade e o respecto.

O sábado 9 de Outubro , visitounos Pakolas ea súa “RAMONA ÓRBITA. A DONA DO TEMPO”. Paco Cerdeira preséntounos o seu último traballo editado en Galaxia.Neste novo traballo a través das cancións e da narración fumos saltando de época en época e viaxamos á prehistoria, ao renacemento, ao antigo exipto,…unha viaxe moi divertida onde compartimos doda a familia.
Grazas Paco por esta tarde !!!
Biblioteca Pública de Burela.


Esta actividade tivo moi boa acollida entre o público do CSC de Vite do Concello de Santiago. Unha presentación orixinal e divertida de experimentos científicos a través da figura literaria de Harry Potter. Ninguén quedou indiferente ante esta proposta, que desvelou os segredos científicos de moitos dos feitizos habituais na escola de Howards.
O pasado venres, @s nen@s participantes na actividade “Coas mans na masa” levaron para a casa unha mensaxe importante: as tarefas do fogar non teñen xénero.
A través do conto da Editorial OQO “Maruxa”, todos aprendemos a que hai que distribuír o tempo de traballo na casa nos membros da mesma, sen que recaia todo na mesma persoa.
A parte de aprender valores tan significativos, @s cativ@s da atividade tamén tiveron tempo de xogar manchándose algo as mans 😉
O sábado 9 de outubro tivemos esta actividade na Biblioteca de Bergondo. Actividade moi interesante e na que se aprenderon un montón de curiosidades, sen esquecer o papel da muller neste ámbito




Séguenos