LÍA MAGALIA EN CAMARIÑAS

A maneira de contar de Lia Magalia é diferente. Os espectadores introdúcense no relato e viven as mesmas peripecias que os personaxes de ficción. Adéntranse en selvas, móllanse, loitan con osos e vencen.

Este xoves, día 14 de outubro, tivemos unha sesión de narración oral na Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre). A compañía Galeatro centrou a atención das nenas e nenos na importancia dos distintos bechos para a conservación do medio natural, fomentando o respecto e coidado dos animais.

A tarde do pasado sábado 18 de setembro estiveron as Aldaolado nas Neves ofrecendo un obradoiro de poesía.
Fixeron un recital e a continuación desenvolveuse un obradoiro de colaxe e poesía do máis interesante para o público mozo que se mostrou moi entusismado e participativo.
Un pracer!
O xoves 14 de outubro Brais das Hortas visita a nosa biblioteca cun espectáculo que fixo as ledicias dos espectadores. Durante unha hora tivo engaiolados a nenos e maiores coas historias de Lucía, a nena que atopa a maleta da súa avoa no faiado da casa, historias cheas de terror e humor. O espectáculo complétase con música que vai do estilo máis tradicional , romances, ata o máis actual rap e trap. Remata coa nova versión da Santa Compaña que a trae ao século XXI convertíndoa en Santa Compaña.O2.
Pasamos un rato moi agradable e esperamos que volva pronto a visitarnos.

O pasado martes, 12 de outubro, nenas e nenos que se achegaron á Festa do Tinto Rías baixas nas Neves, gozaron dun fantástico espectáculo de paco Nogueiras.
Foi unha delicia!
A tarde do pasado sábado 18 de setembro estiveron as Aldaolado nas Neves ofrecendo un obradoiro de poesía.
Fixeron un recital e a continuación desenvolveuse un obradoiro de colaxe e poesía do máis interesante para o público mozo que se mostrou moi entusismado e participativo.
Un pracer!
Hoxe día 14 de outubro, continuando co Ciclo Ler Conta Moito, pasou pola “Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene” o grupo Trémola Teatro, co seu espectáculo “Qué animaliño é?”. Os máis pequenos non perderon detalle dos diferentes animais que ían aparecendo na súa narración, nin dos segredos que éstes contaban. Unha actuación chea de cor, alegría e música que non pasou desapercibida nin a pequenos nin a maiores.

No día de hoxe, 14 de outubro, visitounos o mago Javier Muro que veu ate a B.P.M de Mondariz-Balneario a xogar coa cativada cun sorprendente espectáculo de maxia, no que a participación da cativada foi o eixo sobre o que se baseou esta actividade.
O pasado día 7 de outubro os nenos de Vilasantar disfrutaron da maxia e o contos de Leo Leiño e o seo coelliño.

Trécola Producións acompañounos o mércores 6 de outubro na Biblioteca de Riotorto, co seu espectáculo Contos da Lúa.

Séguenos