Príncipas e princesos en Bergondo
O 12 de maio realizouse esta función para escolares de 1º, 2º e 3º de primaria.
Os asistentes pasárono en grande!

O 12 de maio realizouse esta función para escolares de 1º, 2º e 3º de primaria.
Os asistentes pasárono en grande!

O sábado 14, na Biblioteca Municipal “Xerardo Díaz”, os nenos de Porto do Son tiveron a ocasión de pasar unha mañá entretida co obradoiro de manualidades “Conto Máxico” realizado por “A Escola das Utopías”, no que crearon seu propio conto ilustrado por eles mesmos.


Hoxe venres as 17:30h. visitou a biblioteca de Monterroso o Mago Paco co seu contacontos: CONTAMAXIAS. O Mago conseguiu conectar moi ben co público. Mesturando os contos e a maxia, pasamos unha hora moi divertida.
Títeres Cachirulo chegou á nosa biblioteca para contar Xeado de Lúa , a historia dun bosque e os seus animais unha noite de verán. Moitos nenos e os seus pais achegáronse á biblioteca para disfrutar das marionetas de Títeres Cachirulo que fixeron posible que esta tarde fora xenial.



A sesión presentouse en tres bloques, a partir das adaptacións dos contos “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak, “O monstro de cores” de Anna Llenas, e que monstros podemos atopar nos alimentos precociñado que consumimos. Cos títeres percorrimos estes contos, e gozamos da posta en escea que nos mostrou Carmen Domech.


Na biblioteca de Coiro o pasado martes día 10 de maio, dando comezo ás actividades de Ler Conta Moito e co gaio da celebración das Letras Galegas tivemos a ocasión de poder contar coa participación de Marta Ortiz.
Estupenda comunicadora coa que pasamos unha tarde do máis divertida, adentrándonos no mundo dos contos a través dunhas costureiras.
Foi un contacontos moi participativo onde desfrutaron tanto o público tanto infantil coma adulto, cosendo e contando…



Migallas Teatro trouxo a Padrón o clásico Os tres porquiños con monicreques, teatro e cancións para os máis pequenos, que gozaron moito, moitísimo!!!!

Elba e Marcos non comparten os seus xoguetes e iso non está ben. Os seus xoguetes cobran vida para darlles unha lección, ensínanlle a Elba e Marcos que compartindo gózase máis das cousas. Xogos, bromas, cancións, sustos, feitizos máxicos e moitas risas. Estes foron os ingredientes para que con Elba, Marcos e Duende Sico os nenos do público pasáseno moi ben




Séguenos