As nenas/os disfrutando, na Biblioteca de Betanzos, cas aventuras da capitana Mariana

O venres 6 visitou a Biblioteca do Grilo-Cacheiras Óscar Villán para falarnos do mundo da ilustración. Partindo do seu traballo e do traballo doutros artistas, amosou unha panorámica do proceso creativo detrás da ilustración e de distintas maneiras de abordar esta disciplina artística.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro, a BPM de Boqueixón acolleu, o venres 22 de abril, unha actividade de dinamización da lectura Filipa cos Contos, de Bandullo Azul.
Preto de 40 rapaces e rapazas asistiron a esta sesión de contacontos con contos moi divertidos da man de Fran Campos e a súa amiga Filipa que narraron historias musicadas para toda a familia mesturando tradición, música e humor. Un flipe!
Ademáis deste espectáculo, durante a semana do 19 ao 22 de abril os usuarios da biblioteca puideron levar un libro de forma gratuíta dos expositores habilitados, co fin de fomentar a lectura entre a veciñanza. Esta iniciativa tivo unha gran acollida entregándose máis de 250 libros.


Biblioteca navegante
Un solleiro día 5 de maio, ás 6 do serán, na biblioteca de Vilaboa, Culleredo, quedamos marabillados coa fermosa historia da capitana Mariana e a súa biblioteca navegante. Con ela, chegamos ao país de Sapolandia, onde a princesa sapiña descubre que as motos corren máis que os sapiños.

En Sapolandia

Cris de Caldas achegou á biblioteca Municipal Luis Rei de Cambados co seu espectáculo “Agasallo das árbores”.Papá porquiño e mamá porquiña contábanlle contos aos seus tres fillos, cun ollo posto no verdor do arredor e outro, ben atento, ao lobo.
O fío conduto
r desta sesión de contos é a concienciación medioambiental coa axuda dunha versión particular (máis galega e máis feminina) do clásico conto “Os tres porquiños”
Co humor e música en directo de Xabi do Camiño.
Os nenos pasaron unha mañá xenial.

Tarabelos achegou á biblioteca Municipal do Grove o seu espectáculo “Contos nunha roda: Manuela e Manuel” cunha técnica de contar historias, que forma parte da cultura xaponesa, e que conecta dúas artes: a narración oral e a ilustración. Tradicionalmente o Kamishibai, vai montado na bicicleta dun Gaito Kamishibaiya e percorre as vilas e aldeas facendo pequenos espectáculos nas prazas; este Kamishibai “tarabelizado” desprázase polo voso cole nunha soa roda cargado de contos e lendas coa misma intención.

Así contou ao público asistente a divertida historia segreda de Manuela e Manuel, unha historia para romper estereotipos.

Tarde de contos e debuxos, primeira actividade do programa de animación á lectura Ler conta moito nas ‘Merendas con Contos’. O grupo ‘Polo Correo do Vento’ presentou a súa obra Periplo Atlántico aos nenos e nenas participantes no noso programa de animación á lectura dos venres. Os asistentes disfutaron da narración e dos debuxos que os autores de Periplo Atlántico desenvolveron dun xeito ameno e participativo.



O venres 29 de abril , levouse a cabo no Concello de Salceda de Caselas, unha actividade organizada pola biblioteca, pero por motivos de espazo a actividade foi trasladada ó auditorio municipal.
Radio BULEBULE é un espectáculo no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Paco Nogueiras convidou ós nenos,nenas,papás e mamás de Salceda de Caselas a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Houbo de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural.
Radio BULEBULE e Paco Nogueiras foron quen de divertir ós nenos,nenas e aos seu acompañantes, que ademáis eran partícipes en todo momento da actividade.
Actividade máis que recomendable.
Rapaces e rapazas de Chapela pasárono en grande estes días elaborando personaxes e historias a partir dos obxectos do cotián.
O animador sociocultural Xulio Varela achegounos a proposta “As cousas pequenas contan”, onde nos movía a tomar obxectos comúns do noso día a día para narrar con eles. Froito deste encontro xurdiron personaxes do máis variado: tenros, amorosos, sorprendentes, absurdos, surrealistas e sobre todo moi moi divertidos.
VER + NO NOSO BLOG: https://bibliotecas.redondela.gal/as-cousas-pequenas-contan-creando-personaxes-e-historias-cos-obxectos-do-cotian-con-xulio-varela/
O venres 29 de abril tivemos unha sesión de contacontos moi especial a cargo de Raquel Senra.Unha actividade para a infancia na que practicaron posturas de ioga.


Séguenos