Pedro Brandariz-Contos con Micho

Pedro Brandariz no exterior do centro sociocultural “Aurelio Aguirre” de Conxo do Concello de Santiago de Compostela, no que se contan as aventuras e desventuras de varios gatos aprendendo a aceptarse a sí mesmos.

Pedro Brandariz no exterior do centro sociocultural “Aurelio Aguirre” de Conxo do Concello de Santiago de Compostela, no que se contan as aventuras e desventuras de varios gatos aprendendo a aceptarse a sí mesmos.

Actuación de Lía Magalia na Alameda de Santiago dentro do programa “Vive o Verán” dos Centros Socioculturais do Concello, unha xornada na que tamén se realizaron xogos o aire libre que complementaron a actuación
Na Alameda de Santiago de Compostela , dentro do programa de centros socioculturais “Vive o verán” a sesión de contacontos de David Merelas engaiolou o público infantil tras unha sesión previa de xogos o aire libre .

Paula Carballeira conta un conto na Alameda de Santiago, dentro do programa Vive O Verán dos Centros Socioculturais e deleitou os nenos/as con unha sesión de contacontos en un entorno verde e seguro


“Pitusa Semifusa” de Olga Brañas é un espectáculo a dúo (voces, piano, pandeireta) moi participativo coa cativada. E quere aprenderlles aos nenos e nenas as familias de instrumentos dun xeito moi divertido.
Nenos, nenas e familias disfrutaron dun espectáculo musical no que non paraban de pedir outra, outra, outraaa!!
O disco está a disposición de todos os lectores na Biblioteca para que poidan gozar sempre desta música.
Onte a tarde ás 19:00h da tarde tivo lugar na sala de exposicións da Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas e organizado pola Biblioteca Municipal a través do Ciclo Ler conta moito, a actuación “A máquina do tempo”. Quedaron encantados todos os alí presentes desta maneira tan divertida que tiveron os seus representantes de adentrarnos no mundo da historia, comezando pola prehistoria e rematando pola Idade Moderna. Unha tarde na que uns recordamos e outros adquiriron coñecementos moi importantes que aconteceron na historia da humanidade. Actividade entretida, instructiva e moi participativa, chea de risas e anécdotas.
Fran Campos, da compañía Bandullo Azul, e a súa compañeira a boneca Filipa fixeron as delicias de todos, pequenos e maiores.
É un espectáculo onde hai moita interacción co público que non deixa de sorrir en ningún momento. Houbo contos tradicionais, outros de autoría propia, música en directo e moitas risas. Foi o colofón perfecto para finalizar as actividades de “A biblioteca no xardín”
“
Viaxamos ata Exipto para coñecer os pergamiños, despois fomos ata a selva para lembrar que debemos coidar a natureza e os animais e rematamos cun conto onde o cabaleiro prefería ler antes que loitar. Todo iso foi aderezado con pequenos trucos de maxia.
Esta actividade estaba prevista que se realizara no xardín veciño da biblioteca pero por mor da choiva levouse a cabo no auditorio, onde se mantiveron todas as medidas de seguridade. 
O mércores 1 de setembro o auditorio de Caldas de Reis acolleu a estrea de “O arquivo do chibo”. Estaba previsto que fose no xardín pero por cuestións metereolóxicas leuvouse para auditorio, mantendo sempre todas as medidas de seguridade. 
Tratouse dunha visita polos contos tradicionais de sempre, onde apareceron chibos, lobos, cabras… e algún que outro animal máis, con algunhas notas da actualidade. A posta en escea foi unha fermosura. As familias quedaron moi contentas co bo contar de Pablísimo.
O 31 de agosto o Mago Paco e o seu espectáculo de “Maxia diferente” estiveron en Caldas de Reis. A actividade desenvolveuse no lateral da biblioteca, no xardín, dentro do ciclo “A biblioteca no xardín”
É un espectáculo de maxia onde o conto e a igualdade están presentes como fíos condutores. O humor é outra das claves para que todos sairamos tan contentos.


Séguenos